O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Unha investigación liderada por científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) atopa unha combinación nova de dous fármacos que é eficaz fronte ao virus causante da covid-19. A ribavirina, un axente antiviral de amplo espectro, e o remdesivir, un axente efectivo aprobado fronte á covid-19, conseguen extinguir o virus rapidamente cando se usan en combinación. O estudo, publicado na revista British Journal of Pharmacology, abre novas posibilidades de tratamento para a supresión efectiva do SARS-CoV-2, especialmente naqueles pacientes vulnerables que non conseguen eliminar o virus.

Celia Perales, investigadora do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) e colaboradora do Instituto de Investigación Sanitaria Fundación Jiménez Díaz (IIS-FJD), apunta que “aínda que na actualidade a infección por SARS-CoV-2 non reviste a mesma gravidade que ao comezo da pandemia, en pacientes vulnerables como os inmunodeprimidos, é importante dispoñer de novas combinacións de fármacos para combatelo”.

Publicidade

Para desvelar o mecanismo de actuación destes fármacos, os científicos aplicaron métodos de secuenciación masiva sobre os virus resultantes tras o tratamento. Esteban Domingo, investigador do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CBM-CSIC-UAM), destaca que así identificaron que “estes fármacos conseguen colapsar a replicación do virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que afectan á viabilidade viral”. Este mecanismo, denominado “mutaxénese letal”, é unha estratexia antiviral de amplo espectro que xa se aplicou exitosamente con outros virus ARN altamente variables.

O traballo é froito da colaboración de varios centros do CSIC, o Centro Nacional de Biotecnoloxía, o Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e o Instituto de Bioloxía Molecular de Barcelona. Neste último, o grupo de Nuria Verdaguer está a desenvolver investigacións acerca da estrutura e actividade da maquinaria encargada de multiplicar o virus. Ademais, a estreita colaboración co IIS-FJD abre a posibilidade de trasladar á clínica os achados descritos nesta publicación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade conclúe que non hai evidencia científica que avale a homeopatía

O Ministerio publica un informe que analiza 64 estudos sobre a homeopatía e conclúe que non hai evidencia da súa eficacia en tratamentos para a saúde

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país