A borrasca Freya trae fortes ventos e choivas sobre Galicia

Rematou o anormal período de bo tempo e altas temperaturas en Galicia, inusual no mes de febreiro, e a meteoroloxía volve ser a propia destas datas. A borrasca Freya, bautizada pola Met Office, afectou a Galicia dende este domingo, caracterizada por fortes ventos e choivas en todo o país.

Avisos para o lunes 4 de marzo.

Meteogalicia mantén avisos amarelos por ventos por riba dos 100 quilómetros por hora na Mariña lucense e no Oeste da Coruña, ademais de avisos amarelos por choiva na parte noroccidental da comunidade.

Publicidade

Ademais todo o litoral galego estará o luns baixo aviso laranxa por ventos e forte ondada, con ondas que chegarán a superar os 8 metros.

O panorama para os vindeiros días será semellante, con choivas xeralizadas en todo o país que poñen fin a un periodo anormal no que se bateron varios records de temperaturas máximas.

Publicidade

Aquí podes ler o boletín de avisos meteorolóxicos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla