Temperaturas récord en febreiro en varias localidades de Galicia

MeteoGalicia e Aemet rexistran, a falta de confirmación oficial, máximos históricos neste mes en Ourense, Pontevedra, Lugo ou Leiro

Xa viñan adiantando estes días os meteorólogos da situación “anómala” de Galicia, protexida por un anticiclón da borrasca situada no Atlántico. Porén, a circulación do vento desde o sur (máis cálido) acabou provocando unha situación de récord en febreiro, con valores absolutos en varias estacións, segundo adiantou MeteoGalicia no serán deste domingo:

Catro estacións da rede autonómica superaron esta tarde os 25ºC. Ourense-Estacións (26,8ºC), Leiro (26,3ºC),  Ourense (25,4ºC) e Pontevedra-Campolongo (25,1ºC) acadaron estes valores. Alén disto, gran parte de Galicia superou os 20ºC, e mesmo en estacións por riba de 900 metros, como no Xurés, O Invernadeiro ou Ancares, chegaron a estar a máis de 19ºC.

Publicidade

A Aemet corrobora o récord en febreiro

Un récord en febreiro que tamén corrobora a AEMET. A medición de hoxe na estación de Ourense (24,9ºC) supera o récord absoluto rexistrado, que databa do 27 de febreiro de 1997, cando se acadaron os 23,4ºC. En Lugo igualouse, con 23,8ºC, o dato tomado o 23 de febreiro de 1990, que figura como récord en febreiro segundo a Aemet. A axencia estatal rexistrou tamén valores notables en Ponteareas (24,6ºC) e Ribadavia (24,5ºC), aínda que non existe rexistro histórico nestes puntos, puideron baterse tamén hoxe. Outros lugares tamén quedaron cerca

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga