Descubre cantas persoas no mundo levan o teu apelido e onde viven

Unha ferramenta web permite localizar os apelidos en todo o planeta e mesmo saber a súa orixe e datos dende 1880

Forebears é unha ferramenta web que te permite saber cantas persoas no mundo levan o teu apelido e localizar en que países viven, o ránking que ocupa e mesmo a súa procedencia.

Tecleando no buscador o apelido, o mapa amosa en que países do mundo é máis común atopalo na actualidade e explica a orixe do mesmo e as súas variantes. Ademais, dependendo do apelido, esta web permite ver non só canta xente o ten na actualidade, senón tamén cantos o compartían fai máis dun século, en 1880.

Publicidade

Forebears recompilou os apelidos a partir dos rexistros de censos de poboación dos países, directorios telefónicos, arquivos históricos nobiliarios, nacementos, vodas ou defuncións de todo o mundo. Por iso é polo que non sempre haxa datos correspondentes a 1880, dependerá sempre de se un país informatizou eses rexistros tan antigos.

En España, o Instituto Nacional de Estatística (INE) conta cunha ferramenta que permite saber, por exemplo, cantas persoas comparten o mesmo nome e apelidos.

Publicidade

Aquí podes consultar a web de Forebears e buscar o teu apelido

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se distribúe o teu apelido no mundo? Compróbao neste mapa interactivo

A aplicación 'Forebears' permite saber en que países é máis frecuente e onde hai maior densidade do teu nome familiar

‘Afouteza’ e ‘cona’, as palabras máis buscadas en galego

A Real Academia Galega analiza no novo número de "Cadernos da Lingua" os termos que máis veces se procuraron ao longo do ano 2017

21.000 apelidos galegos están en vías de extinción cun único portador

O Consello da Cultura Galega presenta o seu estudo 'Antroponimia e lexicografía' que analiza os patronímicos do país

Comproba canta xente leva o teu nome ou o teu apelido

O Instituto Nacional de Estatística lanza un buscador para atopar a frecuencia e localización dos nomes e apelidos