Xoves 28 Marzo 2024

Armaduras ultralixeiras e flexibles feitas de lumbrigante

Científicos do MIT investigan o gran potencial dun hidroxel presente nunha membrana do "Homarus americanus" pola súa gran resistencia

O Homarus americanus, o lumbrigante americano, é unha das especies de crustáceos decápodos que se poden atopar na Terra. Este animal vive na costa atlántica de Norteamérica, desde Labrador ata o norte dos Estados Unidos, e do mesmo xeito que o seu curmán da costa europea, o Homarus gammarus, é unha codiciada peza gastronómica. E investigadores do MIT acaban de atopar unha nova utilidade a este lumbrigante: unha membrana do seu exoesqueleto presenta unha resistencia enorme, polo que se podería desenvolver un hidroxel con aplicacións na industria militar, como parte de chalecos de protección.

“Estas membranas brandas atópanse principalmente nas articulacións e o abdome, para conectar as cutículas ríxidas e contribuír en gran medida á axilidade do lumbrigante na natación e na caza”, explican os científicos nun artigo publicado en Acta Biomateralia. O traballo demostra “que a membrana suave do lumbrigante americano é un hidroxel natural, con 90% de auga, cunha tenacidade e resistencia excepcionalmente altas, e moi insensible ás fendas”.

Publicidade

O segredo do lumbrigante

Ao combinaren medicións experimentais e modelos por ordenador a gran escala, o equipo, no que tamén toman parte científicos da universidade chinesa de Sichuan e de Harvard, demostrouse que “a estrutura multicapa única nesta membrana, lograda mediante a disposición ordenada de fibras de quitina, desenvolve un papel crucial na disipación de enerxía durante a ruptura e fai que esta membrana sexa resistente aos danos”, explican.

Deste xeito, ábrese as opcións para o deseño de materiais sintéticos lixeiros, pero fortes e resistentes para un uso seguro en condicións mecánicas extremas, como pode ser o caso dunha armadura flexible que pode dar protección a todo o corpo sen as dificultades para mover as articulacións.

Ata o de agora, a maioría das armaduras, como as usadas nos chalecos antibalas, deixaban desprotexidas as extremidades para facilitar a mobilidade de quen os porta, “porque ningún dos materiais de armadura existentes son o suficientemente flexibles e todos inhiben o movemento dos brazos e as pernas”, conta o artigo. Pero con esta investigación abórdase “como unha armadura flexible natural está deseñada para integrar dureza e flexibilidade”, expoñen.

ReferenciaNatural hydrogel in American lobster: A soft armor with high toughness and strength (Acta Biomateralia, xaneiro de 2019).

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento