Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Gciencia está hoxe de aniversario. Este sábado fanse dez anos desde que o portal da ciencia galega saíu coa súa primeira edición, nun proxecto entón aínda incipiente pero que contiña todas as grandes claves que o mantiveron activo e cun seguimento crecente durante todo este tempo.

Durante o últimos dez días —un por cada ano de existencia—, Gciencia emprendeu un proxecto de celebración que incluíu o cambio de deseño e unha nova cabeceira. Desde o pasado 16 de decembro, publicáronse entrevistas e tribunas coas principais autoridades da ciencia e as institucións relacionadas con ela. Recuperáronse algúns dos artigos máis destacados desta traxectoria —tamén un por ano— e publicáronse os saúdos en forma de vídeo de decenas de grandes nomes da ciencia, as artes e a comunicación de Galicia, que quixeron sumarse á celebración do aniversario.

Publicidade

Gciencia quere agradecer a todos eles a súa implicación, así como reafirmar o seu compromiso co xornalismo e a divulgación, os dous acenos de identidade deste proxecto nado en 2013 e que afronta o futuro coa vontade de continuar moitos anos máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza sete pezas audiovisuais para divulgar sobre ciencia e igualdade

O proxecto, en colaboración co Concello de Pontevedra, difundirase a través de Instagram e Tiktok para poñer en valor mulleres científicas que loitaron contra os nesgos de xénero e raza

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago