Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a novena edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2024, en homenaxe á investigadora galega. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida entre o 1 de maio de 2023 e o 14 de abril de 2024 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. O traballo xornalístico pode ser unha noticia, crónica ou reportaxe, quedando excluídas as entrevistas e os artigos.

A RAGC considera que “a ciencia e a tecnoloxía teñen actualmente un papel determinante e indiscutible no desenvolvemento económico e o benestar social dun país, polo que comunicar estes achados e as súas aplicacións á sociedade galega, así como a transferencia de coñecemento ás empresas, é unha prioridade”. Nesta liña, a Academia asegura que os medios de comunicación poden contribuír “dun xeito decisivo” a acadar este obxectivo. Para estimular esta vertente xornalística, a distinción Celia Brañas pretende recoñecer actividades de comunicación da ciencia e da tecnoloxía entre os profesionais do xornalismo dos medios de comunicación galegos.

Publicidade

Os traballos poderán centrarse en calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolta en Galicia, ben sexan achados, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación ou mesmo casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado. Poderá concorrer a este premio calquera xornalista, a título individual ou en equipo, que desenvolva a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais, e poderanse presentar un máximo de tres traballos por candidato individual ou colectivo.

A participación será tramitada de xeito telemático a través dun formulario electrónico dispoñible nas páxinas web da Real Academia Galega de Ciencias (www.ragc.gal) e da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal). Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril e o prazo de presentación dos mesmos remata o 15 de maio. A dotación do premio será de 5.000 euros. A maiores, concederase un accésit sen dotación económica para o segundo traballo mellor valorado.

Publicidade


Podes consultar as bases nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe