Venres 26 Abril 2024

Récord mundial coruñés en procesamento da linguaxe natural

Investigadores da Universidade da Coruña desenvolven un sistema de análise capaz de procesar máis de 700 oracións por segundo

Un equipo de investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña bateu o récord mundial de precisión e velocidade de procesamento dun analizador sintáctico. Ata o de agora, o sistema máis rápido podía interpretar e comprender arredor de 400 oracións por segundo, e os investigadores galegos foron quen de rexistrar máis de 700. 

O fito acadouno o do Grupo de Lingua e Sociedade da Información (LYS), especializado en Procesamento da Linguaxe Natural. O equipo está dirixido polo investigador Starting Grant Carlos Gómez Rodríguez e integrado por Daniel Fernández, Michalina Strzyz e David Vilares.

Publicidade

Carlos Gómez.

Ademais, o avance dos científicos coruñeses mellorou non só a velocidade, senón tamén a precisión do procesamento da linguaxe. A precisión destes sistemas de análise mídese segundo a proporción de relacións de palabras que é capaz de atopar nunha colección de noticias xornalísticas, interpretando de forma correcta os vínculos sintácticos entre cada un dos vocábulos. Así, ademais de conseguir un procesamento máis rápido, o sistema dos investigadores do CITIC conseguiu unha cifra do 94,43 %, superando o récord anterior de 94,21 %.

Os investigadores do CITIC presentarán os resultados do seu traballo no congreso norteamericano da Asociación de Lingüística Computacional, que se celebra ata o 7 de xuño en Minneapolis e é un referente mundial neste ámbito.

O procesamento e análise sintáctica

O proceso que realiza un programa de ordenador para entender a linguaxe humana chámase análise sintáctico e é un paso imprescindible nos sistemas de Intelixencia Artificial que comprenden texto. Por iso, conseguir programas analizadores sintácticos precisos e rápidos é un dos obxectivos máis desexados polos investigadores en procesamento da linguaxe natural.

O grupo LYS da Coruña recibiu nos últimos anos numerosos recoñecementos do seu traballo no eido do procesamento de linguaxe natural e a análise de información neste sentido. Un dos autores deste novo sistema, David Vilares, foi galardoado o ano pasado co Premio Nacional de Informática para mozos investigadores.

A Informática que estuda os sentimentos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

O científico da UDC Carlos Gómez, Premio Nacional de Investigación para Jóvenes

O profesor galego recibe o galardón na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC)

O algoritmo galego que é quen de ler o Quixote en 20 segundos

O investigador da UDC Carlos Gómez vén de recibir financiamento europeo para desenvolver un procesador sintáctico punteiro na análise de sentimentos

PODCAST | A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo

Charla co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións