O científico da UDC Carlos Gómez, Premio Nacional de Investigación para Jóvenes

O profesor galego recibe o galardón na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC)

O profesor da Universidade da Coruña (UDC) Carlos Gómez Rodríguez acaba de obter o Premio Nacional de Investigación para Jóvenes María Andresa Casamayor, na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) que outorga o Ministerio de Ciencia e Innovación.

O investigador foi recoñecido “pola orixinalidade e o impacto das súas achegas ao desenvolvemento de algoritmos que incorporan a linguaxe natural a contornas dixitais propios da intelixencia artificial”, segundo destaca a nota emitida polo Ministerio.

Publicidade

Para Carlos Gómez “este premio é un recoñecemento que non esperaba e que sempre é benvido”, confesando estar “encantado”. A súa traxectoria investigadora é o Procesamento da Linguaxe Natural, en particular a análise sintáctica, “moi interesante pois contribúe a que os ordenadores poidan traballar coa linguaxe humana, de forma que se comuniquen con nós de forma máis efectiva”, explica.

O desenvolvemento de sistemas de procesamento da linguaxe multilingües e eficientes é especialmente importante para linguas que non contan con grandes mercados ou abundancia de recursos, como é o caso do galego, incide o investigador.

Publicidade

Outros gañadores

Xunto con Carlos Gómez, foron recoñecidos outros nove investigadores novos, entre os que hai outra galega, a investigadora da Universidade de Vigo Belén Riveiro. Á convocatoria presentáronse 185 candidaturas. Estes premios son o recoñecemento máis importante de España no ámbito da investigación científica. Segundo destacou a ministra Diana Morant, estes galardóns poñen en valor a ciencia que se fai en España grazas ao labor de investigadores con carreiras excepcionais, que dedican a súa vida a xerar coñecemento e a trasladalo en aplicacións para a sociedade. Os galardóns, dotados con 30.000 euros en cada modalidade, están dirixidos a investigadores de menos de corenta anos, que estean desenvolvendo un labor relevante e recoñecido internacionalmente nunha institución española.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC desenvolve unha nova estratexia para transportar material xenético ao interior das células

O grupo do CICA abre a porta ao deseño de plataformas para a entrega de xenes que sexan cada vez máis precisas e personalizadas

A Coruña reunirá a elite da cosmoloxía mundial na semana da eclipse total de Sol de 2026

O congreso ‘New Frontiers in Cosmology’ atraerá 250 especialistas procedentes de centros de referencia como Harvard, Brekeley ou Princeton

Investigadoras da UDC exploran o potencial da tecnoloxía en nenos con parálise cerebral unilateral

Os resultados en menores de entre 3 e 7 anos amosan unha maior implicación da extremidade afectada durante tarefas motivadoras

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE