As universidades galegas, nas 300 mellores do mundo polo compromiso medioambiental

A universidade de Indonesia vén de publicar o seu ránking anual Greenmetric, que cualifica as institucións de educación superior de todo o mundo polo desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade. E das 719 que entran na lista, as tres galegas aparecen nos 300 primeiros postos.

A mellor clasificada das universidades galegas é a da Coruña, que sobe ata o 93º lugar, cunha valoración global de 6.800 puntos. No conxunto de España é a sétima, e destaca sobre todo pola xestión de residuos, no que é a quinta clasificada.

Publicidade

A clasificación reúne, alén do tratamento do lixo, que representa un un 18% da valoración final, outros criterios como os de enerxía e cambio climático (21%); programas de educación e investigación (18%); accións en relación cos medios de transporte nos campus (18%); configuración e infraestruturas (15%); e uso da auga (10%).

A seguinte clasificada é a Universidade de Vigo, 117º a nivel mundial e 11º estatal, con 6350 puntos. A terceira, a Universidade de Santiago de Compostela, está no posto 268º, con 5175 puntos, e no lugar 21º no eido estatal.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar