UDC

Investigadores galegos deseñan unha vacina contra a Covid-19 en lévedos

O equipo está encabezado polo catedrático de Parasitoloxía da USC José Manuel Leiro e pola tamén catedrática de Bioloxía da UDC María Isabel González Siso

Un ‘app’ de estudantes da UDC para comer máis saudable, finalista nun concurso mundial

As alumnas de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto Hileia Rumbo e Noa Domínguez participarán en Estambul na final do Red Bull Basement

Laboratorio de Bases de Datos, 25 anos de innovación na informática aplicada

O grupo de investigación da UDC foi galardoado na última edición dos Premios Spin-Off PuntoGal

Preto dun millón euros para investigar contra o cancro desde a provincia da Coruña

A xunta provincial da AECC financia máis dunha decena de proxectos e prácticas de mozos investigadores en equipos da USC, UDC, IDIS e INIBIC

A informática galega, protagonista nos Premios Nacionais da disciplina

O catedrático da USC Senén Barro, a spin-off da Universidade da Coruña Torusware e os titulados Adrián Pérez e Daniel Valcarce, galardoados en diversas categorías

Un equipo da Coruña deseña unha báscula que converte as pisadas en frío ou calor

Científicos da UDC describen na revista "Materials" un dos primeiros dispositivos de refrixeración barocalórica do mundo

Os Azores xa estaban habitados por nórdicos 700 anos antes da chegada dos portugueses

Un estudo no que participan a Universidade da Coruña e o IIM de Vigo sostén, mediante análise de excrementos, a presenza de poboadores na Alta Idade Media

Nace o CITMAga para fortalecer a investigación matemática en Galicia

As tres universidades públicas impulsan un centro que aposta pola "excelencia e a transferencia de coñecemento en todas as áreas das Matemáticas"

Estudantes de Ferrol deseñan un catamarán para persoas con mobilidade reducida e xordeira

O alumnado da Escola Universitaria de Deseño Industrial presentou esta semana o proxecto da embarcación adaptada, que non precisa carné para manexala

A galega Viviana Peña lidera un estudo sobre a acidificación dos océanos

O traballo internacional coordinado pola científica da UDC, analizou en augas do Xapón e Italia o papel clave das algas vermellas coralinas

Unha nova proposta para extraer metano en xacementos non convencionais

O enxeñeiro da UDC Manuel Soage presenta na súa tese de doutoramento un modelo numérico para optimizar a obtención deste gas

Arrecifes artificiais para protexer os ecosistemas mariños na costa galega

Un proxecto de enxeñeiros da UDC prevé instalar estas estruturas nas rías de Ares e Ferrol, no marco dunha colaboración coa Xunta de Galicia

Aprendizaxe en tempo real para un transporte intelixente pola cidade

Un consorcio das tres universidades galegas e a Carlos III de Madrid estuda como predicir os fluxos de tráfico e anticiparse á degradación de infraestruturas

Premios de Transferencia da RAGC: vacinas, rexeneración ósea e biometría

A Academia de Ciencias recoñece nos seus galardóns o traballo de equipos das tres universidades e a empresa Alice Biometrics

O xadrez, fórmula para mellorar a cognición, o ánimo e a calidade de vida nas persoas maiores

Un estudo realizado nun complexo xerontolóxico da Coruña constata os beneficios do xogo nun grupo de usuarios e abre a porta a estendelo como terapia

Premio para Andrés Figueiro, enxeñeiro da UDC, por un traballo sobre o porto da Coruña

O investigador do grupo GEAMA recibiu o galardón Modesto Vigueras, que outorga a Asociación Técnica de Puertos y Costas