Un ‘app’ de estudantes da UDC para comer máis saudable, finalista nun concurso mundial

As alumnas de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto Hileia Rumbo e Noa Domínguez participarán en Estambul na final do Red Bull Basement

Dúas estudantes do 4º curso do grao de Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, Hileia Rumbo Bueno e Noa Domínguez Rama, participarán entre o 13 e o 15 de decembro, en Estambul (Turquía) na final mundial do certame Red Bull Basement. As estudantes da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) acadaron o premio clasificatorio na Final Nacional co proxecto VEGO, unha aplicación móbil que nace coa idea de axudarlle ao alumnado universitario a comer dun xeito máis saudable e sustentable.

O xurado integrado por xuíces locais e expertos internacionais, seleccionou o proxecto VEGO en base a catro criterios: a súa viabilidade, o seu impacto, a súa creatividade e os votos obtidos por parte do público na páxina web do Red Bull Basement. Para presentar a súa aplicación, as dúas alumnas do Campus Industrial de Ferrol tiveron que gravar un vídeo de 60 segundos no que debían explicar, dun xeito claro e diferenciador, a súa idea de negocio.

Publicidade

Despois de gañar a final nacional, Hileia e Noa levan desde o 2 de novembro preparando e mellorando a súa proposta para a Final Mundial da man da aceleradora emprazada no espazo coworking Marina de Empresa xunto coa fundación sen ánimo de lucro EDEM e a inversora Angels en Valencia. Nesta fase de desenvolvemento, as dúas mozas están a ter a oportunidade de interactuar tamén con expertos internacionais de diferentes ámbitos como o investimento, a financiación, o hardware/software, a tecnoloxía ou a enxeñaría. O equipo galardoado como Gañador Mundial 2021 na Final Mundial recibirá un paquete personalizado de recursos para facer realidade a súa idea de negocio.

O campionato Red Bull Basement naceu en São Paulo (Brasil) en 2015 co obxecto de apoiar e capacitar aos hackers, makers e programadores que utilizaban as súas habilidades tecnolóxicas para resolver retos sociais e medioambientais nas súas cidades de orixe. Desde entón, a iniciativa foi medrando e nas Finais Mundiais que tiveron lugar en Berlín en 2018, en Toronto en 2019 e, de xeito virtual, en 2020, as ideas dos equipos participantes abarcaron múltiples temáticas. Tal e como indican desde a organización do certame, o fío condutor ao longo destes anos foi o empoderamento dunha mocidade innovadora e o impulso do cambio para mellorar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A aplicación AsisT.gal da Xunta recibe o Premio Senda Iniciativa Pública

A XII edición destes galardóns recoñece o labor deste servizo que permite monitorar desde o móbil parámetros de actividade, biomedidas ou localización da persoa solicitante 

RadarCovid e Passcovid: dúbidas e confusión coas ‘apps’ do Goberno e a Xunta

As ferramentas de rastrexo anunciadas polas Administracións, que entrarán proximamente en funcionamento, amosan algúns puntos pouco claros

Google NON instalou unha aplicación para ‘espiar’ o teu móbil coa Covid

Unha cafurna que circula por WhatsApp minte botando falsedades sobre a nova configuración, xa anunciada por Google e Apple en maio

Unha aplicación para dar autonomía ás persoas con síndrome de Down

Estudantes de Enxeñaría Industrial e Dereito da Universidade de Vigo desenvolven un sistema para facilitar a súa vida cotiá