Publicidade

A aplicación AsisT.gal da Xunta recibe o Premio Senda Iniciativa Pública

A XII edición destes galardóns recoñece o labor deste servizo que permite monitorar desde o móbil parámetros de actividade, biomedidas ou localización da persoa solicitante 

A aplicación da Xunta de GaliciaAsisT.gal, recibe o Premio Senda Iniciativa Pública 2021, por crear unha ferramenta de apoio ás persoas maiores ou con necesidades especiais que viven soas. Esta aplicación, impulsada por Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Política Social, facilita a monitoraxe no fogar deste grupo de persoas, posibilitando un contacto constante a través do móbil cos servizos sociais e coa súa rede afectiva.

A aplicación, que está dispoñible en Android e que se publicará en breve en IOS, permite
un acceso seguro a través da plataforma da Xunta Chave 365. Ademais, dispón dun
asistente virtual e de capacidades de comunicación coma o emprego de pictogramas para
facilitar o seu uso. Entre as funcionalidades que ofrece, destaca a facilidade de comunicación entre as persoas coidadoras e a que require os coidados, existindo a opción de chamada de emerxencia para casos de necesidade.

Publicidade

As súas funcionalidades

Tamén unha axenda con alertas para eventos como citas médicas ou horarios para a toma de medicacións, con posibilidade de xestión remota da mesma por parte da persoa coidadora. Así mesmo, a monitoraxe a través da localización do móbil, para informar se é necesario que a persoa coidada estea fora da súa zona de seguridade e mesmo para axudala a voltar a súa casa ou sitios de referencia.

Por último, os datos obtidos a través de wearables, como a frecuencia cardíaca, actividade física ou o sono. Permite, así mesmo, establecer umbrais nestes parámetros de actividade para lanzar alarmas no caso de que se superen. A descarga e o uso da aplicación AsisT.gal é gratuíto e as persoas usuarias pasan a dispoñer dun Historial Social Única Electrónica que contribúe a mellorar a súa calidade de vida e á recepción da axuda e asistencia que requiran en cada momento.

Publicidade

Os Premios Senda

Os Premios Senda teñen como obxectivo recoñecer o labor de persoas, institucións,
empresas e profesionais que se esforzan por mellorar a calidade de vida das persoas
maiores e/ou en situación de dependencia. A categoría Iniciativa Pública coa que foi premiada AsisT.gal, recoñece as políticas activas adoptadas polas administracións públicas, para fomentar a autonomía persoal e o envellecemento activo.

A entrega de premios asistiu o director de Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Amtega, Víctor Coladas. Ademais, a Xunta de Galicia tamén foi galardoada nesta XII edición na categoría de Premios Senior a iniciativa Cuideo Assit coa distinción de Promoción do Envellecemento Activo, recoñecendo o poder da teleasistencia para mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta marca o obxectivo de que toda Galicia teña internet de 100 Mbps en 2030

A Estratexia Galicia Dixital 2030 propón que a contribución ao PIB das empresas do sector TIC supere o 3%

Unha de cada tres empresas galegas con máis de 10 empregados permite o teletraballo 

Increméntase máis dun 16% en dous anos o número de pequenas compañías que conta con páxina web

A Xunta lanza un programa en competencias dixitais para formar a 45.000 galegos 

A acción formativa impulsada por Amtega é de carácter gratuíto e 100% en liña, e está dirixida a persoas de entre 14 e 74 anos

“A soidade non desexada é unha auténtica pandemia”

A asistente virtual para maiores Celia, desenvolvida no centro atlanTTic, recibe o premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais