Luns 4 Decembro 2023

Un peixe de ciencia ficción que ve a través da súa cabeza translúcida

Esta estraña criatura que ve a través da súa fronte e habita en augas profundas, só se deixou ver 9 veces dende a súa descuberta

A miles de metros baixo a superficie da baía de Monterey, California, os científicos captaron recentemente imaxes dun peixe cuxos ollos verdes en forma de orbe están dentro da súa cabeza bulbosa e translúcida. Esta estraña criatura, coñecida en castelán como ‘pez duende’ (Macropinna microstoma) e pertencente á familia Opisthoproctidae, vese moi raramente.

O encontro con este animal é tan infrecuente, que o equipo investigador do Instituto de Investigación do Acuario da Baía de Monterey (MBARI) só o viu en nove ocasións, pese a ter enviado os seus vehículos operados por control remoto (ROV) en máis de 5.600 inmersións no hábitat do peixe. No momento do achado, o ROV estaba a navegar a unha profundidade duns 2.132 pés (650 metros) no Canón Submarino de Monterey, un dos canóns submarinos máis profundos da costa do Pacífico.

Macropinna microstoma é aínda unha especie moi descoñecida para a comunidade científica, en parte, porque non foi ata o ano 2000 que a equipa do MBARI puido contemplar ao animal no seu hábitat natural. Segundo as observacións realizadas, crese que estes peixes permanecen na súa maioría inmóbiles á espera de presas incautas, como o zooplancton, pequenos crustáceos e medusas, que se desprazan por encima das súas cabezas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os incendios sepultan baixo o fume a costa oeste dos Estados Unidos

Máis dun millón de hectáreas arrasadas e poblacións destruídas nos estados de Oregón, Washington e California por mor de lumes sen precedentes

John A. García, o galego que creou o videoxogo Delta Force

Emigrante nos Estados Unidos, fundou a compañía Novalogic, que lanzou grandes xogos de guerra en primeira persoa e simuladores de combate

O vídeo viral do coiote que axuda a cruzar a un teixugo

Estes animais adoitan cazar xuntos, seguindo un exemplo de colaboración entre especies

Miles de vermes-pene aparecen nas praias de California

Varias praias do norte de San Francisco apareceron nos últimos días inundadas cunha chea de exemplares de "Urechis caupo"