Este vídeo fíxose viral por presentar unha situación que semella rara na vida salvaxe. Tendemos a pensar nos animais salvaxes como distantes e afastados doutras especies. En realidade, iso está lonxe de ser real: moitas especies teñen relacións que benefician a ambas as partes.
Podemos lembrar as aves que comen parasitos na pel dos mamíferos, ou as ras que viven en niños de tarántulas para mantelas libres de pragas a cambio de refuxio.
Unha destas parellas coñecidas desde hai moito tempo é a que existe entre coiotes (Canis latrans) e teixugos estadounidenses (Taxidea taxus). En todo o continente de América do Norte, as dúas especies adoitan unirse para cazar xuntos: o teixugo cava na terra para atopar a a presa e o coiote persegue a súa vítima máis tarde.
Pero un vídeo recente captou algo completamente inesperado. U coiote e un teixugo móvense ante unha cámara de vixilancia da vida silvestre operada polo Peninsula Open Space Trust. E semellan estar a xogar.
This is the best thing you’ll see all day! 🐾
Our wildlife cameras spotted a #coyote and #badger together — the first time this type of behavior has been captured in the San Francisco #BayArea.https://t.co/YDcnhyiWL1 pic.twitter.com/qZQgcbwtTk— Open Space Trust (@POST_fans) February 4, 2020
O coiote asómase desde o sumidoiro, fai un pequeno salto e inclínase cara a algo á dereita do marco, movendo a cola. Logo, o teixugo aparece con cautela antes de que a parella continúe felizmente o seu camiño, trotando lixeiramente polo túnel. O vídeo volveuse rapidamente viral, co tweet orixinal en máis de 750.000 favoritos e medrando.
“Non é raro que os teixugos e os coiotes cacen xuntos”, escribiu Matt Dolkas do Trust nunha publicación do seu blogue. “Cando traballan xuntos deste xeito, é un pouco máis doado para eles atrapar as súas próximas comidas, cazar especies como esquíos. Pero velos moverse a través dun pequeno túnel (ou sumidoiro) como este mentres xogan é bastante sorprendente”.
E é a primeira evidencia de asociación de coiote-teixugo na área da Baía de San Francisco. O vídeo foi filmado como parte dun proxecto en curso por Peninsula Open Space Trust. Estableceron 50 cámaras de sensores remotos arredor das montañas do sur de Santa Cruz para descubrir como interactúa a vida silvestre coas estradas principais.
E, por suposto, agora tamén está a botar luz sobre a relación entre coiote e teixugo. Aínda que a maioría dos emparellamentos observados foron sempre de caza, agora temos outra modalidade.
É imposible ter máis información, pero por suposto é importante non antropomorfizar. O significado humano da palabra ‘amizade‘ non se pode aplicar a outros animais. Pero dende logo estas imaxes resultan abraiantes…
















Antropomorfizar…. Levo tempo pensando que hai que darlle unha volta a este concepto: non será que os nosos sentimentos son máis animais do que pensamos? Non será que o que nos chamamos “amizade” é unha forma de crear lazos común a outros animais?
Máis sofisticada? Pode ser, pero en orixe o mesmo.
Tal vez teñamos que animalizar máis a visión de nos mesmos.