GCiencia lanza sete pezas audiovisuais para divulgar sobre ciencia e igualdade

O proxecto, en colaboración co Concello de Pontevedra, difundirase a través de Instagram e Tiktok para poñer en valor mulleres científicas que loitaron contra os nesgos de xénero e raza

Dende a travesía polo Atlántico da enfermeira galega Isabel Zendal ata os mitos que rodean a menopausa. Estes son algúns dos contidos que centran as pezas audiovisuais que lanzará GCiencia dende este mércores 28 de outubro ata finais de novembro para divulgar sobre ciencia e igualdade. O proxecto, en colaboración co Concello de Pontevedra, crea contido específico para redes sociais —nomeadamente Instagram e Tiktok— centrado nas sinxerxías entre multiculturalidade, ciencia e feminismo. O obxectivo é poñer en valor referentes científicos na loita contra o racismo e a favor da igualdade de xénero, e lograr implicar a mocidade no debate sobre ciencia e dereitos humanos.

O proxecto Pontevedra Multicultural. Ciencia pola igualdade —desenvolvido o pasado novembro de xeito presencial— parte da premisa de que a ciencia non só serve para entender o noso ADN, senón que tamén funciona como unha ferramenta de denuncia fronte ás inxustizas históricas. Así, os contidos audiovisuais abordarán, entre outros temas, os nesgos de xénero que aínda persistentes na investigación científica e nos ensaios clínicos, e centrará a súa atención nos grandes fitos de científicas racializadas como Alice Ball, Betty Harris e Gladys West, así como as inestimables achegas ao feminismo e á ciencia doutras figuras galegas, como a astronóma Antonia Ferrín.

Publicidade

Multiculturalismo e perspectiva feminista

Os sete vídeos lanzaranse nas plataformas de Instagram e TikTok de GCiencia e do Concello pontevedrés co obxectivo de fomentar un debate rigoroso sobre multiculturalismo, perspectiva feminista e cohesión social. O proxecto, coordinado pola xornalista de GCiencia Laura Filloy, busca transformar o rigor académico e a divulgación próxima a través dunha linguaxe coloquial que a aproxime ao seu público obxectivo a través de infografías, creatividades e imaxes sobreimpresionadas. A iniciativa quere poñer sobre a mesa o debate arredor dos retos actuais do racismo e da xenofobia, impulsar a participación da mocidade nun diálogo informado e plurar e analizar casos históricos de discriminación por raza e xénero na ciencia.

A serie de vídeos, elaborados polo equipo de xornalistas de GCiencia, respectarán o ton divulgativo característico deste medio, considerado en 2019 o Mellor Novo Medio de Divulgación do Estado polo xurado dos premios Prismas, o máis importante dos que se reparte no campo da difusión da cultura científica en España. Con ata 5,5 millóns de visitas mensuais, GCiencia é o primeiro dixital galego en redes sociais e conta con outros galardóns como o Premio da Crítica de Galicia ou o Rosalía de Castro da Deputación da Coruña.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy