Unha tese descarta exceso de contaminantes na carne de vacún da República Dominicana

O estudo da USC analiza a acumulación de residuos químicos e de fármacos e conclúe que non superan aos parámetros máximos permitidos pola lexislación

A carne de vacún comercializada nos matadoiros de República Dominicana responde a parámetros normais en canto á presenza e acumulación de subtancias contaminantes, polo que, segundo se deriva da investigación universitaria, cómpre descartar que este produto alimentario constitúa un risco para a saúde pública.

A tese de doutoramento presentada na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) por Jaime Rafael Santoni baixo o título Contribución ao estudo de acumulación de diversos residuos químicos e de medicamentos veterinarios en gando vacún da República Dominicana, conclúe que os niveis de substancias contaminantes nas mostras analizadas non superan aos parámetros máximos permitidos pola lexislación.

Publicidade

Algúns contaminantes

Alén desta consideración xeral, a investigación desenvolvida por Jaime Rafael Santoni, e dirixida polos catedráticos da USC José Luis Benedito Castelleto e Carlos Manuel Franco Abuín, serviu para detectar algúns casos positivos de contaminantes (como substancias antiparasitarias e metais pesados) das 800 mostras sometidas a análise, aínda que con porcentaxes moi baixas.

Os resultados obtidos nesta investigación apuntan que a carne de vacún criado e comercializado en República Dominicana presenta uns parámetros acaídos e equiparables a outros países no eido da seguridade alimentaria en canto a presenza de contaminantes se refire, segundo conclúe Rafael Santoni, que centrou as súas pescudas na detección de residuos de fármacos.

Publicidade

O tribunal encargado de avaliar a investigación de doutoramento presentada de xeito telemático estivo formado por un comité internacional presidido polo profesor de Nutrición da Facultade de Medicina da Universidade de Valladolid, Emiliano Quinto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

Do ‘vermicompost’ ao uso de ozono: un estudo da USC avalía o impacto ambiental de alternativas agrícolas

A tese de Sara Lago evidencia que determinadas prácticas sostibles non sempre presentan un mellor desempeño cando son analizadas de maneira integral