Os incendios sepultan baixo o fume a costa oeste dos Estados Unidos

Máis dun millón de hectáreas arrasadas e poblacións destruídas nos estados de Oregón, Washington e California por mor de lumes sen precedentes

A nova xeración de incendios forestais, impulsados polo cambio climático, que leva anos sufrindo o estado de California, nos Estados Unidos, está a impactar de novo nos últimos días. As lapas avanzan pola costa oeste, tamén nos estados de Washington e Oregón, e están deixando impactantes imaxes, con cidades como San Francisco ou San José cubertas por un ton avermellado que mestura a luz do Sol co fume dos incendios.

Este novo tipo de fenómenos, dos que os científicos levan tempo advertindo, avanzan a gran velocidade por mor das altas temperaturas, o vento e a seca. Así, nestes últimos días a axencia meteorolóxica NOAA expuxo que o verán de 2020 volveu bater rexistros de altas temperaturas nos Estados Unidos, especialmente na metade oeste, con récords en Arizona, California, Colorado, Nevada, Novo Mexico e Utah. As condicións que se crean poden ser letais, como o chamado Camp Fire que tivo lugar en 2018 e arrasou a vila de Paradise, causando 85 mortes. Crese que un episodio semellante foi o causante da traxedia de Pedrógrao Grande, en xuño de 2017 en Portugal, onde 65 persoas faleceron atrapadas.

Publicidade

Así serán os incendios do futuro en Galicia: máis rápidos, máis grandes e moi perigosos

Estes incendios de grandes magnitudes poden xerar a chegar tormentas de lume, creando as súas propias dinámicas de vento locais que fan moito máis voraz o fogo. E mesmo poden chegar a causar os coñecidos como pirocúmulos ou Cumulonimbus flammagenitus, nubes que poden ascender ata máis de 10km de altura, como rexistraron estes días algúns pasaxeiros de avións.

Algunhas das secuencias tomadas polas persoas que viven na área afectada polos incendios e o fume son desacougantes. Unha das máis compartidas é a dun dron que percorre o ceo entre os edificios de San Francisco coa banda sonora do filme de ciencia ficción Blade Runner 2049:

Publicidade

E houbo, de feito, quen expuxo as grandes semellanzas entre a fotografía da secuela da célebre película protagonizada por Harrison Ford e a situación actual de San Francisco:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Fan falta máis medios de extinción para loitar contra os incendios forestais?

O consenso científico afirma que o problema é un modelo que continúa a investir máis en apagar o lume ca en evitar que se produzan grandes eventos. Por María-Luisa Chas-Amil e Emilio Nogueira-Moure

Como defendernos dos mosquitos: que funciona e que non contra esta praga estival

Os repelentes con DEET e picaridina seguen as ser os máis eficaces, mentres que as velas de citronela, pulseiras ou ultrasóns carecen de respaldo científico