O CITMAga traballará polo futuro das matemáticas de Galicia

A folla de ruta do centro acometerá retos como a sociedade dixital, vida e sustentabilidade e competitividade industrial

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), impulsado de forma conxunta pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola Universidade da Coruña (UDC) e pola Universidade de Vigo (UVigo), acaba de dar a coñecer a súa folla de ruta para “traballar polo futuro das matemáticas de Galicia”, como sinalou Antonio López, reitor da institución compostelá. Xunto a el, tomaron parte na sesión inaugural os reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Joaquín Reigosa; a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón; e a directora científica en funcións de CITMAga, Rosa Crujeiras.

Durante a xornada de presentación desta folla de ruta, os reitores das tres institucións amosaron o seu entusiasmo por levar a cabo esta colaboración, algo que confirmou Elena Vázquez Cendón como “un punto singular na liña do tempo da Facultade“. Por este motivo, a decana, quixo deixar constancia deste fito brindando o libro de honra do centro á sinatura dos tres reitores.

Publicidade

O centro nace coa vontade de integrar as capacidades científicas do ámbito das matemáticas, compartindo visión e estratexia e cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento e a cultura colaborativa. Deste xeito, o CITMAga aspira a converterse nun centro de referencia estatal e internacional, constituíndo unha contorna atractiva para o desenvolvemento científico e profesional.

Unha xornada de coñecemento

A primeira parte do programa de presentación do centro estivo dirixida ao persoal investigador vinculado, persoal investigador en formación, persoal propio e persoal investigador colaborador do CITMAga. Nesta sesión, Rosa Crujeiras detallou a axenda do centro para o futuro, baseada en catro grandes áreas de investigación e transferencia. “Tres delas orientadas a retos globais (sociedade dixital, vida e sustentabilidade e competitividade industrial) e unha área de ciencia e coñecemento que realmente é transversal a todas as demais”, explicou a directora.

Publicidade

A continuación, a investigadora Kathryn Hess imparitu unha conferencia arredor da topoloxía, teoría de grupos e neuronas, á que se sucederon as reunións entre o Comité Asesor Científico Externo (CACE) e o Comité Asesor Industrial (CAI). En último lugar, xa durante a tarde, o CACE levou a cabo unha reunión aberta coa dirección e co persoal investigador do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos