Aberto o prazo para os VIII Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia GAIN convocan unha nova edición do galardón, que terá tres categorías dotadas con 6.000 euros cada unha

A Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia acaban de convocar a oitava edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia. O seu obxectivo é o recoñecemento de casos de éxito en transferencia de coñecemento para difundilos á cidadanía. Os destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas galegas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de coñecemento.

Tres categorías

Os premios divídense en tres categorías. Unha delas leva por nome “Francisco Gutián Ojea”, que distinguirá un traballo de investigación aplicada para recoñecer a creación dunha tecnoloxía, aínda sen transferir, e da que se deriven aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Outro dos premios é o de “Fernando Calvet Prats”, que destacará un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación e froito da colaboración cunha empresa. E por último, o premio “Ricardo Bescansa Martínez”, que galardoará un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, froito da colaboración cun grupo de investigación galego. As tres categorías están dotadas de 6.000 euros cada unha e un diploma acreditativo.

Publicidade

Aos dous primeiros premios poderá concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación emprazados en Galicia, incluíndo os centros tecnolóxicos. Ao terceiro, poderán optar empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado na comunidade. En ningunha das tres modalidades poderán resultar galardoados grupos de investigación ou empresas que foran premiadas nalgunha das tres edicións anteriores do certame, así como tampouco as académicas e académicos da RAGC.

O prazo para a presentación de solicitudes pecharase o vindeiro 15 de abril

O prazo para a recepción de solicitudes ábrese hoxe martes, 15 de febreiro, e pecharase
o vindeiro 15 de abril. A tramitación das candidaturas farase de xeito telemático, a través
dun formulario específico para cada categoría dispoñible nas webs da RAGC e de GAIN. Unha vez cumprimentado, o formulario será remitido ao enderezo electrónico ptt@ragc.gal.

Publicidade

Proxectos innovadores premiados desde 2015

Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia recoñecen desde 2015 as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedentes de organismos de investigación ao tecido produtivo. Destacan proxectos centrados nos campos da biomedicina, farmacolóxica, tecnoloxías TIC ou traballos sostibles nos sectores agroforestal e agroindustrial, todos eles liderados por grupos de investigación de toda Galicia. En concreto, distinguíronse proxectos sobre o tratamento dos efectos secundarios da quimioterapia, tratamento para onicomicoses, tratamento para enfermidades orais bacterianas, tecnoloxías láser, 3D e de microcalorimetría, así como traballos para a creación dunha vacina para a acuicultura mariña, un biomaterial para rexeneración ósea e a unha tecnoloxía de recoñecemento facial para evitar fraudes.


Podes consultar as bases dos premios na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy