Venres 26 Abril 2024

Volve Pint of Science a Galicia: ou como divulgar ciencia nos bares

As xornadas celebraranse os días 9, 10 e 11 de maio en Vigo, Lugo e Santiago de Compostela con participación de 25 investigadores galegos

O festival de divulgación científica Pint of Science volve a encher os bares galegos de ciencia un ano máis. O evento, que comeza hoxe, celebrarase neste 2022 en tres das principais cidades galegas: Santiago de Compostela, Vigo e Lugo. Unha total de 25 científicos protagonizarán as diferentes conferencias, que terán lugar os días 9, 10 e 11 de maio. 

Este programa de divulgación científica internacional naceu co obxectivo de ofrecer conversas e actividades interesantes sobre as últimas investigacións científicas realizadas en cada comunidade autónoma. Así, estas xornadas, que os dous últimos anos tiveron que cebrarse en liña pola pandemia, pretenden introducir a ciencia en espazos sociais concurridos, como son os bares, para achegala á cidadanía e fomentar o debate sobre a mesma.

Publicidade

Por este motivo, este evento terá lugar este en catro bares galegos: A Carballeira, o 9 de maio ás 18,00 horas, e o Club Clabvicémbalo, o 11 de maio ás 21,00 horas, ambos en Lugo; a Nave de Vidán, os tres días ás 18,00 horas, en Santiago de Compostela; e Cañaveral, en Vigo ás 20,00 horas. A entrada será totalmente gratuíta e o aforo será únicamente limitado en Vigo.

Esta inciativa articúlase a nivel mundial, nun total de 26 países. En España, celébrase ata en 44 cidades, con sede en Madrid, e organizada pola Asociación de Divulgación Científica “Pint of Science España”. 

Santiago de Compostela

A Nave de Vidán será a sede de Pint of Science en Santiago de Compostela, neste caso os días 9, 10 e 11 de maio, ás 18,00 horas. Esta é a programación:

Luns 9 de maio

Diana Guallar Artal, investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS): Epitranscriptómica: un conto de alquimia, polbos e ARN.

Andrés Seoane Fernández, investigador do Centro de investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares(CIQUS): Coches, cervexas, vagalumes e outros usos da catálise.

Iria Gómez Touriño, investigadora do grupo Xenomas e Enfermidade, do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS): Anécdotas inmunolóxicas: vacinas, motíns e outras historias.

– Sergio Velasco Avilés, neurocientífico e investigador posdoutoral do CIMUS: Quen é a Célula de Schwann?

Martes 10 de maio

Rebeca García Fandiño, investigadora Ramón y Cajal, do CIQUS: Diario de Neo: Como simular un humano en Matrix.

Alejandro Sánchez Rueda, investigador predoutoral do CIMUS: Xenética de estar pola casa.

Aroa Ferrer Pinós, investigadora predoutoral da USC: Paracetamol ou ibuprofeno?

José Tubío, investigador Ramón y Cajal, do CIMUS: Cancros contaxiosos.

– Jorge Mira Pérez, catedrático de electromagnetismo na USC: Descifrando as leis do comportamento humano.

Mércores 11 de maio

Marta Castiñeira Reis, investigadora posdoutoral da USC: Competindo co planeta Terra: Quen o fará mellor?

Ricardo Villa Bellosta, investigador Ramón y Cajal do CIMUS: Proxenia: Ter un neno ancián.

André Pérez Potti, investigador predoutoral da USC: Inmunoloxía en tempos de pandemia e negacionismo.

– Rosa María Crujeiras Casais, Senior University Lecturer e profesora de Estadística,  Análise Matemática e Optimización na USC: Mentiras, malditas mentiras e estatísticas.

Vigo

Neste caso, as charlas serán os mesmos días que en Santiago, no Cañaveral ás 20 horas. Os convidados son:

Luns 9 de abril: O noso corpo

– Nuria Estévez Gómez, investigadora predoutoral en CINBIO, na Universidade de Vigo: Microbiota: algo máis que microorganismos

Federico Mallo Ferrer, catedrático en bioloxía celular e investigador do CINBIO: Homo obesus

Martes 10 de maio: A nosa sociedade

Belén Varela Romero, investigadora da Universidade da Coruña: A ciencia do bo traballo

Gonzálo Álvarez Jurado, doctor en Ciencias Biolóxicas e catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela: Historia e xenes: o feitizo xenético dos Austrias.

Mércores 11 de maio: O planeta Terra

Jesús Souza Troncoso, catedrático en Ecoloxía e Bioloxía animal e investigador da UVigo: Extra, extra! Achamos un molusco xigante na Antártida: diversidade bentónica nun mar xeado.

 Tito Peleteiro Alonso, investigador do Instituto Español de Oceanografía: Pescado de crianza? Sí, grazas!

Lugo

O día 9 de maio, ás 18 horas, terán lugar catro charlas de científicos da USC, en A Carballeira (Av. de Magoi, 63). O día 11 de maio, serán dúas as charlas, no Club Clavicémbalo (R. Paxariños,23), ás 21 horas.

Luns 9 de maio

 César Pérez Cruzado, investigador do grupo Proxectos e Planificación na USC: Bosques e mercados de carbono.

– Agustín Merino, investigador na Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible, da USC: Bases científicas para a protección dos solos afectados por incendios

– Azucena Mora Gutiérrez, investigadora no Laboratorio de Referencia de Echerichia coli (LREC), da USC: Superbacterias: do filete, ao raposo e a diarrea .

– Marta López Alonso, investigadora do Grupo de Investigación en Medicina Animal: Minerais contra o cancro.

Mércores 11 de maio

– Juan Luis Fernández Lorenzo. investigador no grupo de Sistemas Silvopastorais da USC e doctor en Ciencias Biolóxicas: Plantas por un tubo.

María Rosa Mosquera Losada, investigadora do grupo de Sistemas Silvopastorais, da USC: Agricultura intensiva e agricultura sostible: Agroecoloxía.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas