temperaturas

Galicia rexistra un dos tres xaneiros máis solleiros en 40 anos

O primeiro mes do ano iguala a 1989 e 1992, que se sitúan á cabeza dos períodos con máis horas de sol das últimas décadas

Os últimos sete anos foron os máis calorosos dende que hai rexistros

Tamén aumentan as concentracións mundiais de dióxido de carbono e metano, segundo o informe anual de Copernicus, o Servizo Climático da Unión Europea

A temperatura media da provincia da Coruña aumentou 0,7ºC nos últimos 30 anos

Analizan os efectos do cambio climático recente ao abeiro do proxecto ClimaCO, desenvolvido pola fundación Matrix en colaboración coa Deputación

Ourense bate o récord de temperatura máxima en febreiro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía rexistrou este domingo unha temperatura de 25,4ºC, o que supón o máximo do período de referencia 1981-2010

Cando chegará a calor do verán a Galicia?

Meteogalicia debuxa un mapa no que os termómetros irán subindo a modo con temperaturas por riba dos 30 graos a partir do domingo

Chegan avisos amarelos por neve coa entrada do aire polar

As choivas serán xeralizadas a partir deste mércores e a baixa das temperaturas será de 11 graos con respecto á fin de semana

Pontevedra bate o récord histórico de temperatura en febreiro

A provincia alcanza os 24,3 graos mentres toda Galicia chega a valores moi quentes en pleno inverno

Desde o 2000 vivimos os 18 anos máis calorosos

Desde que en 1880 comezaran a rexistrarse as temperaturas a nivel mundial, nunca houbera niveis tan altos. Cinco entidades distintas (NOAA, NASA, Berkeley Earth,...

Xinzo de Limia, no top 3 dos lugares máis fríos da Península

A estación da Aemet na vila ourensá rexistrou temperaturas por debaixo dos 10 graos negativos, só por detrás de Cuéllar (Segovia) e Ucero (Soria)

Rexistrado máis frío en Galicia que no Polo Norte

A anormal onda de calor no Ártico coincide co frío siberiano en Europa e deixa O Cebreiro máis xeado que o casquete polar

2015, o sexto ano máis cálido en Galicia dende 1971

A piques de rematar, o ano 2015 será o sexto máis cálido dende 1971 en Galicia, segundo revelaron os responsables da Axencia Estatal de...