Chegan avisos amarelos por neve coa entrada do aire polar

As choivas serán xeralizadas a partir deste mércores e a baixa das temperaturas será de 11 graos con respecto á fin de semana

Volve a neve a Galicia, mesmo con grande intensidade, ata o punto de que Meteogalicia emitiu aviso amarelo por este meteoro nas montañas de Lugo para este mércores 3 de abril.

Coa entrada deste aire frío procedente de Groenlandia, ponse fin ao episodio de altas temperaturas tras dúas semanas por riba dos 20 graos, e con xornadas nas que varias localidades galegas chegaron a rexistrar as máximas en toda España. Esta situación anómala, moi por riba das medias do mes de marzo, provocou mesmo grandes incendios. Ademais, esta calor chegaba ao remate dun inverno especialmente cálido e seco no país.

Publicidade

O mércores entra a masa de aire frío polar que deixará grandes choivas, que poden ir acompañadas de saraiba. Ademais, haberá neve por riba da cota dos 900 metros, o que provoca o aviso amarelo na montaña de Lugo, onde se esperan acumulacións por riba dos 5 centímetros. A baixa das temperaturas deixará os termómetros baixo cero en varios puntos do país na noite do mércores ao xoves.

O xoves empeorará a situación, baixando a cota de neve ata os 800 metros. E vai entrar a primeira fronte da primavera, unha borrasca que deixará grandes precipitacións e fortes ventos.

Publicidade

A situación de inestabilidade continuará o venres, tamén con temperaturas baixas.

O máis salientable deste cambio do tempo estará nas temperaturas, que baixarán uns 11 graos con respecto ás da pasada fin de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua