Misterio revelado: a criatura de Huelva era un peixe bobo

Despois de varios días de análise, un grupo de científicos galegos conseguiu descifrar o misterio da criatura mariña que aparecera o pasado 7 de marzo na praia de Islantilla, en Huelva, e que xerara unha gran expectación na zona. Trátase dun peixe bobo (Cetorhinus maximus), tamén coñecido como tiburón peregrino, un dos peixes máis grandes que se coñecen, xa que pode superar os 10 metros de lonxitude e os 4.000 quilos de peso.

Cando o animal foi atopado en Huelva, forn avisados os científicos do CSIC en Andalucía, que acudiron a estudar o animal. Non en tanto, ao non seren capaces de determinar de que especie se trataba a simple vista, debido ao gran deterioro que sufrira, os investigadores andaluces remitiron as mostras ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC).

Publicidade

Unha vez os restos chegaron a Galicia, comezou o traballo dun equipo no que tomaron parte Rafael Bañón, investigador do CSIC e biologo da Xunta de Galicia, Alejandro de Carlos e David Barros, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Facultade de Bioloxía da UVigo, e Ángel Sebastián Comesaña, do Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación (CACTI) da mesma universidade.

O grupo estudou as mostras e obtivo unha secuencia do xene mitocondrial citocromo oxidasa I (COI), que foi comparado con outras secuencias depositadas no banco de datos Barcode of Life Database (BoLD). E por fin chegou a resposta: “Podemos confirmar con datos científicos a través dunha identificación molecular que se corresponde ao peixe bobo”, contan desde a Casa de la Ciencia do CSIC en Sevilla, tal e como observaran algúns usuarios das redes cando se coñeceu a noticia.

Publicidade

O misterio do peixe bobo

Vigo descifra o misterio da criatura mariña atopada en Huelva

Cando o agora identificado como peixe bobo apareceu en Islantilla, comezaron a sucederse as conxecturas sobre a especie da que se trataba. Só se podía observar que era vertebrado, tiña cola e cartilaxes. Mais finalmente, a análise xenética puido desvelar a incógnita.

Esta especie atópase actualmente en situación vulnerable, xa que foi obxecto dunha intensa caza no pasado: era unha especie moi atractiva para a pesca, xa que nada moi lentamente, e o seu gran tamaño permite o aproveitamento, con ata unha tonelada de carne, e o seu fígado, cheo de nutrientes e aceites, pode representar entre o 25 e o 30% do peso total do animal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé