Vigo descifra o misterio da criatura mariña atopada en Huelva

O Instituto de Investigacións Mariñas analiza o ADN dun animal que non puido ser identificado polos investigadores do CSIC en Andalucía

Un camiñante que paseaba o pasado 7 de marzo pola praia de Islantilla, en Huelva, atopouse cunha criatura mariña descoñecida a primeira vista, debido á súa peculiar morfoloxía e ao seu estado de descomposición. Remitiu fotografías á Casa de la Ciencia de Sevilla, adscrita ao CSIC, mais os investigadores da institución tampouco souberon aclarar de que especie se trataba, segundo contou o Diario de Sevilla.

O animal foi atopado na praia de Islantilla o 7 de marzo. Foto: La Casa de la Ciencia.
O animal foi atopado na praia de Islantilla o 7 de marzo. Foto: La Casa de la Ciencia.

A criatura, de grandes dimensións, era un vertebrado, con cola e con cartílagos no que semellaba ser a cabeza. E o misterio xerou unha grande expectación nas redes da Casa de la Ciencia e na mesma praia, onde acudiron moitos curiosos antes de que o animal fora retirado por unha grúa. E algúns usuarios tamén achegaron ideas sobre a posible especie: falouse de diversos tipos de tiburón ou ben algún tipo de peixe da familia Regalecidae, á que pertence o peixe coñecido como rei dos arenques ou peixe remo (Regalecus glesne), que pode acadar máis de 10 metros.

Publicidade

Non en tanto, o misterio persiste, e revelarase en breve en Vigo. Ata o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) xa viaxaron varias mostras de ADN que recolleron os investigadores do Instituto de Ciencias Mariñas (ICMAN-CSIC) Laura Prieto, Antonio Moreno, Alberto Arias e David Roque, e o propio director Julián Blasco, que estiveron presentes en Islantilla.

2 COMENTÁRIOS

  1. Ola! O título da noticia é confuso, semella que o Instituto vigués xa descifrou a especie da que se trataba, non que estea en proceso. Estaría ben corrixilo, grazas. Estupenda páxina!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri