As Regueifiñas estréanse cun debate sobre as redes sociais

A versión escolar dos encontros científicos, dirixida a estudantes de ensino medio, celebrarase este venres en Santiago

Son as redes sociais un avance para a nosa sociedade? Sobre esta cuestión, que tanto dá que falar na actualidade, xirará a primeira edición das Regueifiñas, a versión escolar das Regueifas de Ciencia que se veñen celebrando desde hai tres anos en Santiago de Compostela. A cita será este venres 22 na Facultade de Comunicación da USC ás 18.30 horas.

O acto do venres será a culmunación dun proceso que comezou hai varios meses, e na que tomaron parte decenas de estudantes de toda Galicia. Despois do proceso de selección, a partir dos vídeos enviados polos participantes, catro rapazas debaterán en Santiago na final do certame.

Publicidade

Tomarán parte, por un lado, María Manuela Gómez e Andrea Iglesias, alumnas de 1º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago; e por outra banda, Beatriz Rodríguez e Antón del Río, do colexio Compañía de María de Ferrol.

Os finalistas recibirán, por chegaren á final, unha suscrición para os seus centros da revista Investigación y Ciencia e unha camiseta oficial de Regueifas de Ciencia. E ademais, o equipo gañador levará camisetas para todos os compañeiros e compañeiras de clase.

Publicidade

As Regueifiñas, como as Regueifas de Ciencia, son unha iniciativa da USC patrocinada pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

A Unión Europea propón prohibir as redes sociais aos menores de 13 anos e restrinxilas ata os 15

A nova EU Kids Act podería afectar a videoxogos e chatbots de intelixencia artificial e limitar os sistemas de retención de usuarios

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva