Vilagarcía, Ribadavia, Ponteareas, Boiro, Ourense, O Carballiño e Padrón, no top 10 da calor

A Aemet rexistrou tamén 25,3ºC en Ourense, e a rede de estacións de MeteoGalicia superaron os 26ºC en varios puntos do sur

Na semana na que comezou a primavera, os termómetros volveron marcar rexistros moi elevados en Galicia. Despois de que o sábado fora Ribadavia a que liderase a lista de temperaturas máis altas de España, segundo a rede da Axencia Estatal de Meteoroloxía, o domingo foi Vilagarcía de Arousa, con 27ºC, a que marcou o rexistro máis alto do día. E seguida, precisamente de Ribadavia, que quedou en 26,9ºC.

O salientable, con todo, non quedou aí. Xa en plena primavera, e un mes despois das temperaturas que chegaron a situarse, en pleno inverno, en cifras semellantes ás das Illas Canarias, 7 das 10 localidades de España con temperaturas máis altas estiveron en Galicia. Foron, ademais de Vilagarcía e Ribadavia, Ponteareas (26,8ºC), Boiro (26,5ºC), Ourense (26,2ºC), O Carballiño (25,9ºC), e Padrón (25,6ºC). É salientable que todas as máximas se produciron a partir das 18 horas; e mesmo en Ourense, O Carballiño e Padrón, ás 21 da noite.

Publicidade

No medio deste top 10 copado por Galicia, só apareceron tres localidades catalás: Tortosa (3º), Espolla (7º) e Girona (9º).

Rede de MeteoGalicia

Pola súa parte, na rede de estacións de MeteoGalicia houbo varios lugares que estiveron aínda con máis calor. Catro deles chegaron aos 28ºC. Foron O Viso-Redondela e Leiro (28,4ºC), Remuíño-A Arnoia (28,3ºC), e e Ourense-Estacións (28ºC). E como se pode ver no mapa, gran parte do país superou os 20ºC durante o domingo.

Publicidade

Mapa de temperaturas máximas. Fonte: MeteoGalicia.
Mapa de temperaturas máximas. Fonte: MeteoGalicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Menos extremas, pero máis calor: así están a cambiar as estacións en Galicia

Os gráficos do meteorólogo Benito Fuentes sinalan que o inverno quenta máis rápido ca o verán, reducindo a distancia térmica