Galipedia apágase ata o 26 de marzo en protesta pola lei de copyright

A Wikipedia en galego estará 72 horas sen contidos, que redirixen a unha nova páxina co seu comunicado de protesta

“O 26 de marzo a Unión Europea votará se se debe proceder cunha proposta de directiva sobre os dereitos de autor que, se fose aprobada, danaría significativamente a Internet aberta que coñecemos”. Así comeza o comunicado difundido hoxe pola Galipedia, a versión galega da Wikipedia, que decidiu permanecer ‘apagada’ durante tres días en protesta contra esta nova lei de copyright da UE.

Dende este domingo 24 de marzo, todas as buscas na Galipedia redirixen á páxina do comunicado que critica esta nova lexislación comunitaria. No texto mencionan a oposición á nova directiva expresada por diversas figuras: “Xa se opuxeron firmemente a esta proposta máis de 70 científicas e científicos informáticos, entre eles o creador da Web Tim Berners-Lee , 169 académicas e académicos, 145 organizacións que traballan no campo dos dereitos humanos, liberdade de prensa, investigación científica e industria tecnolóxica, e a Fundación Wikimedia, a organización sen ánimo de lucro que promove, entre outros proxectos, esta enciclopedia libre”.

Publicidade

A Wikipedia en galego “decidiu escurecer tódalas páxinas da enciclopedia. Queremos seguir ofrecendo unha enciclopedia aberta, colaborativa e gratuíta con contido verificable. Chamamos a todos os membros do Parlamento Europeo a votar en contra do texto actual, reabrir a discusión e reconsiderar as numerosas propostas da asociación Wikimedia así como a extensión da liberdade de panorama a toda a UE e a protección do dominio público”.

A Galipedia non ofrecerá os seus contidos durante 72 horas, ata o vindeiro martes 26 de marzo, día da votación da proposta lexislativa europea.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Coñeces a historia do teu concello? Descúbrea neste mapa interactivo

Wikipedia pon un a disposición do usuario unha ferramenta para explorar lugares e eventos históricos dende a palma da man.

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

Confirmados os dous primeiros casos de peste porcina africana en España dende 1994

Os positivos foron detectados en xabarís achados mortos, o 26 de novembro, en Bellaterra (Barcelona) e notificados polos servizos veterinarios oficiais de Cataluña

O verán europeo terá ata 42 días máis en 2100 se continúan as emisións

Un estudo internacional no que participa o investigador da UDC Armand Hernández alerta dunha estación cada vez máis longa e intensa