Así se viu desde o espazo o meteoro que estourou sobre o mar de Bering

A pasada semana coñeceuse a detección do meteoro que estourou en decembro a uns 25 quilómetros de altura sobre o mar de Bering, fronte á península de Kamchatka. E agora danse a coñecer as imaxes que rexistrou o instrumento MISR, a bordo do satélite Terra, na que se pode ver desde o espazo a sombra do bólido e mesmo os sinais da explosión, en cor laranxa, que se produciu cando o meteoro se desintegrou na atmosfera a uns 115.000 quilómetros por hora.

A explosión que causou o bólido de Bering foi a segunda máis forte do seu tipo nos últimos 30 anos e é o meteorito máis grande en chegar á atmosfera da Terra desde o que impactou en Cheliábinsk (Rusia) en 2013. Nese caso, a onda expansiva do impacto causou case 1.500 feridos, sobre todo debido á rotura de cristais. O maior satélite rexistrado desde comezos do século XX foi o de Tunguska (Siberia), en 1908, cunha enerxía estimada en 185 bombas como a de Hiroshima.

Publicidade

Non en tanto, e aínda que a enerxía liberada foi de 173 quilotóns (os expertos da NASA estimaron que a explosión foi dez veces superior á que descargou a bomba atómica lanzada en Hiroshima en 1945), ninguén sentiu o estourido xa que aconteceu nunha zona remota e despoboada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman