Durante moito tempo cremos que as raíñas de abellón (Bombus terrestris) emerxen do solo no que hibernan para alimentarse e rapidamente dispersarse polo aire co obxectivo de crear unha nova colonia. Pero en realidade non é así, segundo un estudo liderado pola universidade Queen Mary de Londres e publicado na revista Scientific Reports.
Os científicos demostran neste traballo que ao comezo da primavera, en lugar de saír a explorar, as raíñas de abellón pasan a maior parte do seu tempo agochadas e descansando entre as follas mortas e a herba. Estes longos descansos con voos curtos e intermitentes explicarían por que se atopan lonxe do seu niño de orixe.
“Queriamos ver que fan as raíñas xusto despois de emerxer da súa hibernación. Ao combinar tecnoloxía punteira de rastrexo con observacións do abellón salvaxe, descubrimos un comportamento ata agora nunca visto en raíñas”, sinala James Makinson, autor principal do traballo.
As raíñas pasan a maior parte do tempo no chan e realizan voos curtos en direccións case aleatorias
Os investigadores colocaron unha pequena antena nas costas das raíñas de abellón que acababan de saír dunha hibernación inducida artificialmente. Cando se espertaron e abandonaron a área, os científicos usaron un radar para rastrexar ás abellas ao aire libre.
Os datos mostraron que pasaban a maior parte do tempo no chan (entre 10 e 20 minutos de media) e realizaban voos curtos (entre 10 e 20 segundos de media) en direccións case aleatorias.
As observacións das raíñas de abellón salvaxe permitiron comprobar que esta maneira de actuar non se debía á colocación das antenas, senón ao seu comportamento natural. O modelado computacional tamén mostrou que esta conduta pode explicar como as abellas terminan a moitos quilómetros dos lugares de hibernación.
Seguindo esta conduta, as abellas atópanse en poucas semanas a varios quilómetros do seu lugar de hibernación. “Isto podería explicar como as raíñas se dispersan desde o niño no que naceron ata o lugar onde decidiron fundar unha nova colonia”, salienta Joe Woodgate, coautor do estudo.
Pola súa banda, Makinson apunta: “Unha mellor comprensión do comportamento das raíñas durante este período crucial das súas vidas pode suxerir prácticas para mellorar as súas posibilidades de fundar novas colonias con éxito e axudar á súa supervivencia”.
Para os científicos, coñecer este comportamento é de vital importancia. “Sería útil crear corredores para os polinizadores en certas zonas de paisaxes conservadas e plantar flores e árbores para eles durante todo o ano, dando ás raíñas de abellóns un amplo acceso aos alimentos cando emerxen a principios da primavera”, suxiren os autores. Deste xeito, as raíñas terían un lugar seguro para descansar.
Hola;
Yo sé donde hay un abejorro igual que el de la foto que publicáis.
Paso por allí todos los días con mi perro y le veo salir de una rendija que hay en el suelo. Cuando nos ve se esconde de nuevo.
Me gustaría poder hacer algo por las abejas, así que esta es mi dirección por si quieren contactar conmigo: cheloalonsosanz@gmail.com
Puedo indicar la dirección exacta.
Un saludo.
Chelo Alonso