Investigador galego participa na identificación de áreas clave para a conservación de artrópodos

O equipo do estudo, con presenza da USC, xerou unha base de datos con máis de 6.000 especies da Península e Baleares

Os artrópodos, como insectos, arañas ou crustáceos, representan a maior parte da biodiversidade do planeta e desempeñan funcións esenciais nos ecosistemas, pero seguen a ser un grupo amplamente ignorado nas políticas de conservación. Co obxectivo de reverter esta situación, un equipo de investigación formado por persoal de preto dunha vintena de centros e universidades de toda España e Portugal no que participa Marcos González, do grupo BiBiCI da USC (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa), xerou unha base de datos que contén rexistros sobre a distribución na Península Ibérica e Illas Baleares de 6.231 especies pertencentes a 13 grandes grupos taxonómicos de artrópodos.

Grazas a este esforzo colaborativo, o estudo identificou 40 áreas prioritarias para a conservación dos artrópodos nestes dous territorios, zonas nas que se concentra unha riqueza excepcional de especies. A maioría destas áreas localízanse en grandes sistemas montañosos como Serra Nevada, os Pirineos ou a Cordilleira Cantábrica, rexións clave como refuxios de biodiversidade mediterránea.

Publicidade

Avaliación da Rede Natura 2000

O traballo avalía a eficacia da rede europea de espazos protexidos da Rede Natura 2000, concluíndo que cobre gran parte destas zonas prioritarias, aínda que algunhas áreas relevantes seguen estando insuficientemente protexidas. En relación con este feito, Marcos González sinala que a Península Ibérica é un dos grandes refuxios de biodiversidade en Europa e que se non se protexen estas áreas específicas “poderiamos perder especies únicas antes mesmo de que sexan descubertas ou estudadas en profundidade”.

Os resultados mostran a necesidade urxente de integrar explicitamente os artrópodos nos plans de xestión e conservación das áreas protexidas, e ofrece unha base sólida para orientar futuras estratexias no novo Marco Global de Biodiversidade post-2020.

Publicidade


Referencia: Priority areas for arthropod conservation in the Iberian Peninsula and Balearic Islands: Insights from a multi-taxon distributional database (Publicado en Insect Conservation and Diversity)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

Radiografía do piropo galego: da sedución á complicidade a través do humor

A investigadora Estela Fidalgo realizou un estudo con 100 persoas para coñecer como mudan as estratexias comunicativas nas relacións afectivo-sexuais

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos

Así é o rato colilongo, o pequeno roedor clave na transmisión do hantavirus dos Andes

Estudos revelan taxas de infección entre o 5% e o 10%, con maior incidencia nos machos adultos pola súa conduta territorial durante a reprodución