Martes 19 Marzo 2024

Detectan a explosión dun meteoro 10 veces maior ca bomba de Hiroshima

É o segundo impacto máis forte detectado nos últimos 30 anos tras o meteorito de Rusia do 2013

Non é inusual que chegue á Terra material dende o espazo. De feito, estímase que todos os días recibimos varios milleiros de toneladas de refugallos cósmicos. A meirande parte deles desintégranse contra a atmosfera. Pero algúns teñen o tamaño e a traxectoria precisa para impactar na superficie, aínda que na súa maior parte non son detectados porque a meirande parte do noso planeta está deshabitada.

Algo así sucedeu cun enorme meteoro que caeu o pasado mes de decembro sobre o mar de Bering, provocando un estourido cunha potencia superior a dez bombas atómicas como a de Hiroshima.

Publicidade

A NASA confirmou que o bólido explotou a 25,6 quilómetros sobre o mar de Bering, fronte á península de Kamchatka, tras percorrer a atmosfera a 32 km/s.

O estalido foi detectado polos satélites militares que os Estados Unidos teñen en servizo para controlar probas nucleares no planeta. Principalmente, estes satélites estaban enfocados a Rusia durante a Guerra Fría. Pero esta vez atoparon algo distinto, porque esta explosión foi a segunda máis forte do seu tipo nos últimos 30 anos e é o meteorito máis grande en chegar á atmosfera da Terra desde o que impactou en Cheliábinsk (Rusia) en 2013. Nese caso, a onda expansiva do impacto causou case 1.500 feridos.

O ronsel do meteoro de Ekaterinburgo.

O novo meteorito explotou a uns 25,6 quilómetros sobre a superficie da Terra, cunha enerxía de impacto de 173 quilotóns, segundo os datos da NASA. A pesar de que non chegou a impactar co mar, os expertos da NASA estimaron que a explosión foi dez veces superior á que descargou a bomba atómica lanzada en Hiroshima. Ese ataque nuclear contra o Imperio de Xapón provocou a morte de máis de 20.000 soldados e uns 100.000 civís na cidade xaponesa.

Por sorte, este potente meteoro chegou a unha zona poco poboada. Pero supón un novo banzo na polémica sobre a pouca fiabilidade dos sistemas de detección temperá do impacto de grandes meteoritos ou mesmo asteroides. Estados Unidos ten en marcha un plan para catalogar todos os asteroides de tamaño medio susceptibles de impactar coa Terra nalgún momento… Aínda que este proxecto estaba previsto para 2020, recentemente os científicos tiveron que asumir a realidade: non poderán ter o catálogo listo ata o ano 2050. Así que este tipo de visitas por sorpresa suponse que van seguir sendo comúns no noso planeta… Aínda que podemos estar tranquilos: estatísticamente non é probable un impacto de alto risco para a Humanidade.

E aquí podes ver o vídeo do asteroide que explotou sobre Rusia no 2018:

Explota un asteroide sobre Rusia… outra vez sen aviso previo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas
00:00:30

Vídeo completo do ‘superbólido’ que cruzou o Atlántico e se viu dende Galicia

As cámaras do portal solpor.eu captan o proceso de desintegración do meteoro dende cabo Fisterra

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta

As primeiras 48 horas tralo impacto do asteroide que acabou coa vida dos dinosauros

A colisión provocou un megatsunami cunha enerxía 30.000 veces maior ao do Índico en decembro de 2004, no que morreron máis de 230.000 personas