Confirmados os dous primeiros casos de peste porcina africana en España dende 1994

Os positivos foron detectados en xabarís achados mortos, o 26 de novembro, en Bellaterra (Barcelona) e notificados polos servizos veterinarios oficiais de Cataluña

Os servizos veterinarios oficiais da Generalitat de Catalunya notificaron ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de dous xabarís silvestres positivos ao virus da peste porcina africana (PPA), en Bellaterra (Barcelona), onde foron achados mortos o 26 de novembro. Estes positivos, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), supoñen a primeira detección da enfermidade en España desde novembro de 1994.

Trátase dunha enfermidade non zoonósica, é dicir, as persoas non son susceptibles á infección nin por contacto cos animais nin por inxestión de produtos derivados deles. Está considerada pola Unión Europea (UE) como enfermidade de categoría A, polo que os Estados membros deben adoptar medidas precisas para lograr o seu control e erradicación canto antes nas zonas afectadas.

Publicidade

Neste sentido, desde o ministerio solicítase ao sector que extreme todas as medidas de bioseguridade e vixilancia nas explotacións de gando porcino e xabarís, e no transporte de animais. Así mesmo, lémbrase a obrigación de comunicar aos servizos oficiais das comunidades autónomas sobre calquera sospeita que se detecte, tanto en xabarís silvestres como en explotacións de gando porcino en todo o territorio nacional. Ademais, iniciáronse xa as investigacións sobre a posible orixe da enfermidade detectada nestes animais salvaxes.

Presenza en Europa

A peste porcina africana atópase presente na Unión Europea, desde a súa entrada nos países bálticos e Polonia proveniente de Rusia en 2014. Na actualidade afecta as poboacións de xabarís silvestres e, nalgúns casos, a explotacións de porcos domésticos nun total de 13 países (Italia, Alemaña, Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Eslovaquia, República Checa, Hungría, Grecia, Romanía, Bulgaria e Croacia). Desde que a enfermidade entrou na UE, Bélxica, Suecia e a República Checa lograron a súa erradicación tras aplicar estritas medidas de control e vixilancia en poboacións de xabarís silvestres, tras unha incursión puntual por salto a longa distancia, como foi o caso detectado en España.

Publicidade

Os servizos veterinarios oficiais tiveron coñecemento da detección de dous cadáveres de xabaril silvestre e a unha distancia aproximada dun quilómetro entre ambos, nas inmediacións do campus da Universidade Autónoma de Barcelona. Activouse o manual práctico de operacións de loita contra a PPA, que supón a delimitación da zona infectada, procura activa e eliminación baixo control oficial de cadáveres de xabarís silvestres, prohibición de caza na zona con obxecto de evitar o movemento de xabarís cara a zona libre, restrición de actividades de carácter non esencial, reforzo de vixilancia pasiva e medidas de bioseguridade en explotacións porcinas e unha visita oficial ás mesmas, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

Peste porcina e laboratorios baixo sospeita: así se investigan os virus nos centros galegos

O Laboratorio de Sanidade Animal de Lugo é un dos puntos con nivel de bioseguridade 3 que operan na comunidade, onde estudan patóxenos que afectan ao gando

Os riscos da peste porcina en Galicia: “Sería moi difícil de controlar polas explotacións de autoconsumo”

O profesor da USC José Manuel Díaz Cao cre que o aumento das poboacións de xabarís nas últimas décadas complicaría a erradicación da enfermidade

O palangre de pedra-bóla: a técnica ‘galega’ que reclama unha excepción ante Bruxelas

A pesca de fondo que se usa habitualmente coa pescada ten un baixo impacto nos fondos mariños, segundo un informe do Instituto Español de Oceanografía