Cando chegará a calor do verán a Galicia?

Meteogalicia debuxa un mapa no que os termómetros irán subindo a modo con temperaturas por riba dos 30 graos a partir do domingo

Europa vive unha vaga de calor con temperaturas que chegan aos 40 graos en moitas zonas. En países como España, Francia,  Bélxica, Alemaña, Países Baixos ou Inglaterra hai avisos vermellos desde este mércores pola chegada dende o norte de África dunha masa de aire tropical continental, moi cálida, seca e con po en suspensión. Ao coincidir coa forte insolación e a curta duración da noite, a situación está a dar lugar a valores moi altos no leste da península e Baleares.

Pero Galicia vive afastada deste fenómeno. De feito, este mércores houbo choivas por medio país, malia que subiron as temperaturas mínimas. A razón está na “bolsa de aire frío que continúa enriba de nós”, como explicaba a GCiencia Alberto Romero, de MeteoGalicia. Así, mentres as predicións chegan a amosar valores de 30º C no aire a 1.500 metros de altura, ao noroeste de Galicia, no Atlántico, permanece unha masa de aire procedente da corrente en chorro, moi ondulada e en latitudes bastante meridionais para a época do ano, que arrefría o ambiente.

Publicidade

Así que o ascenso de temperaturas non será de súpeto en Galicia como noutras partes de Europa. Pero o termómetro irá subindo ata alcanzar os 30 graos xa na xornada do domingo, para continuar en valores altos cando menos ata o xoves.

A primeira cidade en chegar aos 30 graos vai ser Ourense, que este venres chegará aos 33 graos e as temperaturas van manterse neses rexistros durante unha semana. En Vigo e Pontevedra, o domingo xa vivirán 29 graos e entrarán nos 30 dende o luns en adiante.

Publicidade

En Santiago, a suba dos termómetros será aínda máis a modo e os 30 graos non chegarán ata o xoves, 4 de xullo. Mentres que en Lugo, A Coruña e Ferrol as temperaturas irán crecendo, con máximas que non superarán os 29 graos nin na semana máis quente do comezo do verán.

En definitiva, a calor chega a Galicia. Pero será a modiño, segundo as previsións de Meteogalicia. E a gran suba dos termómetros ímola vivir a partires do vindeiro domingo e durante boa parte da semana que ven.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro