Rexistrado máis frío en Galicia que no Polo Norte

Unha anomalía meteorolóxica fai que esta semana fixera máis frío en Galicia que no Polo Norte. A onda de calor que está a vivir o Ártico, fronte ao frío siberiano que entrou en Europa occidental, fixo que o mércores O Cebreiro rexistrase 6,81 graos baixo cero. Mentres no Ártico as temperaturas non baixaron dos -5 graos.

A magnitude do fenómeno foi amosada polo investigador meteorolóxico Zack Labe, que leva anos traballando sobre as anomalías climáticas que están a afectar ao Círculo Polar Ártico.

Publicidade

Os resultados do seu estudo amosan que no Ártico a media diaria de temperaturas nos últimos días sitúase nos 10 graos baixo cero. Sen dúbida, falamos de frío. Pero o termómetro queda moi afastado das cifras que se ofrecen en latitudes máis meridionais, como Moscú. A capital rusa alcanzou o mércores os -25 graos.

Así medran as temperaturas no Ártico. Gráfico: Zack Labe.
Así medran as temperaturas no Ártico. Gráfico: Zack Labe.

O caso de Galicia forma parte do fenómeno. Porque fixo máis frío nalgúns puntos do país que no Polo Norte. Tal é o caso da estación de Meteogalicia en Pedrafita do Cebreiro, que rexistrou os 6,81 graos baixo cero esta semana, mentres no casquete polar non superaban os -5 graos de mínima.

Publicidade

O xornal The Washington Post xa alertou da situación esta semana , entrevistando a varios meteorólogos. E a conclusión é que o ecosistema climático europeo está conectado co do Ártico. De xeito que unha forte borrasca como a que vivimos faga que baixen as temperaturas no continente mentres o casquete polar norte recibe ventos mornos.

O problema radica en que a situación non é unha anécdota. Como revela Zack Labe nos seus estudos, os gráficos amosan anomalías climáticas cada vez máis frecuentes no Ártico, con menos días por baixo do punto de conxelación e unha temperatura que se ten elevado, nos últimos tres anos, nada menos que tres graos por riba da media do último século.

A anomalía das temperaturas no Ártico. Zack Labe.
A anomalía das temperaturas no Ártico. Zack Labe.

As consecuencias están tamén en que se derrete o xeo do Ártico, un problema complexo porque tamén contribúe a deixar nos océanos grandes masas de auga doce. De feito, foi noticia nos últimos días un buque mercante que fixo, por primeira en vez no inverno, a ruta polo norte. É un fito xamais acadado antes. Así que non é unha mera anécdota que faga máis frío no Cebreiro que no Polo Norte. Pola contra, o dato debería preocuparnos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o segundo mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros

O último informe de Meteogalicia conclúe que foi un período seco e marcado por dous importantes episodios de calor

O verán galego é 1,8 graos máis cálido que hai 60 anos

O investigador do CSIC Dominic Royé explica que aumentou a temperatura media e cada vez hai máis eventos meteorolóxicos extremos como ondas de calor, secas ou alteracións nos patróns de choiva

Catro claves para crear bosques urbanos e combater a crise climática dende as cidades

Unha urbe sen árbores posúe unha menor infiltración de auga, temperaturas máis altas e unha poboación con máis enfermidades

Un domo de calor trae a Galicia temperaturas superiores aos 30 graos nos primeiros días de xullo

O anticiclón e o nordés serán as claves de que os valores sexan máis cálidos do normal, ben diferenciados entre o norte e o sur