Pontevedra bate o récord histórico de temperatura en febreiro

A provincia alcanza os 24,3 graos mentres toda Galicia chega a valores moi quentes en pleno inverno

A provincia de Pontevedra bateu este xoves o seu récord histórico de temperatura máxima, alcanzando os 24,3 graos, superando amplamente o maior rexistro previo, cifrado en 22,1 graos.

Os termómetros están disparados estes días en toda Galicia, nunha situación anormal en pleno inverno. Un sistema de altas presións sobre Europa, xunto á borrasca situada no Atlántico, fan que os ventos do sur leven aire cálido subtropical  ata Galicia.

Publicidade

O mapa de temperaturas máximas elaborado por Meteogalicia.

En case todo o país as temperaturas estiveron 12 graos por riba do habitual nesta época do ano. A situación coincide co que sucede no resto de Europa, sobre todos nos países nórdicos, onde os termómetros están situados en 12 graos máis que a temperatura habitual nesta data do ano.

De feito, algúns analistas meteorolóxicos empregan a expresión ‘monstro‘ para referirse á masa de aire quente que está a ocupar boa parte de Europa, utilizando así unha analoxía co chamado ‘monstro de xeo’ que o ano pasado afectou ao continente provocando grandes nevaradas e problemas nas comunicacións. Nesta ocasión o ‘monstro’ chega cálido.

Publicidade

En Galicia, a situación anticiclónica vai mudar nos vindeiros días, ao entrar unha borrasca ao longo deste domingo, que traerá choiva, baixada das temperaturas e mesmo neve en cotas a partir dos mil metros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua