Ourense bate o récord de temperatura máxima en febreiro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía rexistrou este domingo unha temperatura de 25,4ºC, o que supón o máximo do período de referencia 1981-2010

A estación que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten en Ourense marcou este domingo unha máxima de 25,4ºC, o que supón a temperatura máxima absoluta rexistrada na estación situada no campus universitario da cidade no período 1981-2010. O valor está só unha décima por debaixo do máximo absoluto do período 1973-2019, rexistrada o ano pasado, o 25 de febreiro, que foi de 25,5º.

A máxima foi mesmo maior na estación da rede de MeteoGalicia, situada moi preto da da Aemet, tamén no campus da UVigo. Alí marcou o termómetro 26,1ºC. Tamén se superaron os 25 ºC en Ponteareas (25,8), Ourense-Estacións (25,3),  Verín (25,3) e Salceda de Caselas (25,2).

Publicidade

Na rede da Aemet acadáronse tamén valores moi elevados para a época do ano no Monte Iroite, con 27,1ºC. Do mesmo xeito, a estación de Lugo ofreceu un valor provisional de 27,9ºC, pero segundo informou a propia Aemet, estase estudando a exactitude do dato.

Deste xeito, este mes de febreiro de 2020 volve marcar rexistros de récord en canto ás altas temperaturas. A comezos de mes, no norte do país houbo noites case que tropicais, con mínimas moi preto dos 20ºC na Mariña de Lugo. Do mesmo xeito, varias cidades rexistraron a mínima máis alta nos últimos 40 anos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia