Venres 29 Marzo 2024

A 20ºC de madrugada en febreiro: Galicia bate récords de temperatura

O norte de Galicia rexistra noites case tropicais, e A Coruña, Santiago, Vigo e Lugo baten os récords de mínima máis alta en febreiro desde que hai datos

Esta madrugada, na estación de Pedro Murias, en Ribadeo, o termómetro acadou valores máis altos ca en moitas noites do fresco verán da Mariña de Lugo. Cando xa pasaba da 1 da mañá, e mesmo máis tarde, contra as 5 horas do luns, superáronse os 20ºC en varios puntos do norte de Lugo. Os servizos de meteoroloxía, tanto Aemet como MeteoGalicia, destacaron a singularidade do episodio: a influencia anticiclónica vén acompañada de ventos do sur, máis cálidos, que elevan os termómetros ata rexistros moi pouco habituais, mesmo con récords absolutos desde que se toman datos en varias estacións.

É o caso da cidade da Coruña e as estacións da rede da Aemet nos aeroportos de Alvedro, Lavacolla (Santiago) e Peinador (Vigo), ademais do aeródromo de Rozas (Lugo). Nunca as mínimas foron tan altas como este domingo nos últimos 40 anos.

Publicidade

Récords rexistrados este domingo na rede da Aemet en Galicia. Fonte: aemet.es.
Récords rexistrados este domingo na rede da Aemet en Galicia. Fonte: aemet.es.

Uns valores anormalmente altos que se albiscan tamén no mapa da anomalía de temperatura difundido pola Aemet a través das redes. En zonas de Lugo e Ourense, o momento no que fixo máis frío estivo máis de 10ºC por riba do normal para a época do ano.

Nalgunhas destas estacións, sobre todo nas máis altas, foron salientables os rexistros máximos xa acadados este luns de madrugada. En zonas como Navia de Suarna, Cervantes  ou a serra do Xurés non baixaron dos 10ºC.

En moitos puntos de Galicia subirán dos 20ºC nesta xornada (agárdanse ata 25ºC en Ourense), e as mínimas non baixarán dos 15ºC na Coruña ou Ferrol. A previsión é que para o martes se produza un lixeiro descenso das temperaturas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca Nelson activa a alerta en Galicia por chuvias, vento e temporal marítimo

A Semana Santa comeza con aviso laranxa por ondas de 7 metros en todo o litoral e amarelo por acumulación de chuvia de ata 40l/m2 en tan só 12 horas

Un río atmosférico empapa Semana Santa: Galicia poderá superar os 100 l/m² 

A situación de inestabilidade continuará durante a fin de semana, cando podería producirse unha cicloxénese explosiva no oeste da península

Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro