Desde o 2000 vivimos os 18 anos máis calorosos

Desde que en 1880 comezaran a rexistrarse as temperaturas a nivel mundial, nunca houbera niveis tan altos. Cinco entidades distintas (NOAA, NASA, Berkeley Earth, o Centro Hadley do Reino Unido e a axencia de meteoroloxía de Xapón) usando modelos distintos, chegaron á mesma conclusión: desde o ano 2000 tiveron lugar 18 dos 19 anos máis calorosos da historia, alomenos desde que se rexistran os datos.

Xa se ven advertindo desde hai tempo da tendencia, que se acentuou desde o 2000. Non en tanto, 2015, 2016 e 2017 foron, de forma consecutiva, os anos máis cálidos. E 2018 non quedou moi atrás. Segundo a NASA, que publicou este mércores un vídeo ao respecto, o ano pasado foi o 4º máis quente da historia.  Unha das poucas zonas que amosa temperaturas por debaixo da media é o mar de Irminger, unha zona próxima a Groenlandia, que podería verse afectada pola dinámica do desxeo.

Publicidade

Na información, a NASA tamén advirte de que esta tendencia está acelerando o desxeo, o que influiría no clima global, e aumentando os episodios extremos, como as secas, os incendios e as grandes tormentas.

A visualización destes datos axuda a comprender o ascenso global das temperaturas. Noutro gráfico, realizado tamén pola NASA, vese como, desde o ano 2000, case todos os anos están entre os de temperaturas máis altas:

Publicidade

temperature means yearly NASA

 Non só a NASA, senón o resto de institucións, corroboran os datos. O método das súas análises consiste en diferentes técnicas de recollida e procesamento de datos. Pero aínda así, apenas hai variacións, o que vén a remarcar a preocupación dos expertos. “Todos os datos mostran o quecemento rápido nas últimas décadas, e todos mostran que a última década rexistrou os anos máis calorosos”.

Segundo a NOAA (National Oceanic and Atmosphere Administration), desde 1977 véñense marcando temperaturas por riba da media do século XX, e 9 dos 10 anos máis cálidos aconteceron desde 2005, cos últimos cinco anos entre os cinco máis calorosos”. A propia NOAA expuxo o ano pasado que se cumpriron 400 meses consecutivos (desde decembro de 1984) con valores por riba da media.

Gráfico mensual de temperaturas entre 1880 e 2018. En azul, meses por debaixo da media, e en vermello, por riba. Fonte: NOAA.
Gráfico mensual de temperaturas entre 1880 e 2018. En azul, meses por debaixo da media, e en vermello, por riba. Fonte: NOAA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas