Os restos dunha sonda soviética que chegaron á Coruña

Varios depósitos de combustible da Luna-8 foron caeron en 1965 en varias vilas do sur de España; unha delas exponse na Casa das Ciencias

O 3 de decembro de 1965 saía desde o cosmódromo de Baikonur a Lunik-8, unha sonda soviética coa que a URSS pretendía chegar á Lúa no marco da carreira espacial da Guerra Fría. Problemas técnicos provocaron que a nave chocara contra o Oceanus Procellarum do satélite o día 6 de decembro. E ese mesmo día, moi lonxe da Lúa, no sur de España, caeron varios anacos do foguete que impulsaba á Lunik-8 cara ao espazo. Un deses fragmentos está hoxe na Coruña, e así é a súa historia:

Faltaban uns minutos para as nove da noite cando o ceo do suroeste de España iluminouse. “Sete puntos vermello-azulados cruzaron o ceo nocturno de Arroyomolinos de León (Huelva) (…). Voaban con rumbo noroeste-sureste e en formación de uve, aínda que pronto se converteron unha liña recta”, describiu o ufólogo Ignacio Darnaude Rojas-Marcos, e recolleu o xornalista Luis Alfonso Gámez nun artigo titulado O Roswell de Franco.

Publicidade

A noticia tivo alcance nacional. Xornais como El Pueblo Gallego adiantaban, nun primeiro momento, que caera do espazo “un estraño artefacto cuxa natureza se descoñece todavía”, que “deixou aberto un cráter”, e que “ao tomar contacto co solo e vir candente, levantou unha nube de vapor deixando calcinada a zona de caída e o mato próximo”. Ao avanzaren as pesquisas La Noche dicía que “ao parecer poden ser bólas de combustible dun foguete ou dun satélite espacial”, e falaban dun diámetro de 88 centímetros e un peso de 14 quilos cada unha.

O impacto dos restos da sonda soviética xerou unha gran expectación en España.
O impacto dos restos da sonda soviética xerou unha gran expectación en España.

Pouco despois impactaron en varias vilas de Extremadura e Andalucía varias esferas de titanio e outros fragmentos que xeraron unha gran expectación naqueles días. Días máis tarde confirmouse a súa orixe humana, aínda que non se puido saber exactamente de que obxecto espacial procedían. E o interese entre os militares e os investigadores era máximo. “Faise cargo dos restos o Ministerio do Aire, que os envía para o seu estudo ao Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA)”, conta Gámez.

Publicidade

Unhas semanas máis tarde trascende que os obxectos son, efectivamente, restos dos depósitos de combustible do foguete que levaba a Lunik-8. E os Estados Unidos amosan o seu interese por analizalos. España, como aliado, accede, con determinadas condicións, a que os restos que impactaron na Península crucen o Atlántico para ser estudados. Todo baixo segredo. Despois dun mes, e tras o pertinente informe, os restos da Lunik-8 regresan ao INTA, onde permanecen desde entón.

Ao saber da historia, o director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez, pediu  autorización para poder expoñer un dos restos da Lunik-8 na Casa das Ciencias, como parte das pezas que compoñen a mostra A astronomía como cha contan, xunto a outras ‘xoias’ como un panel solar do Hubble ou o fósil dun hadrosauro atopado en Cataluña.

Máis información na reportaxe El Roswell de Franco, de Luis Alfonso Gámez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos