Venres 19 Abril 2024

Os máis de 65 millóns de anos nun óso de dinosauro

O fósil dun úmero de hadrosauro, un dinosauro de ata 10 metros de longo e catro de altura, está exposto na Casa das Ciencias

Nunhas rochas que hoxe están situadas na comarca de Pallars Jussà, na provincia catalana de Lleida, a natureza quixo que sobrevivisen as pegadas duns seres que viviron nun tempo moi distante e moi distinto ao noso, antes da chegada do gran meteorito que o cambiou todo na Terra.

Porén, pinga a pinga, sobrevivindo a cambios na atmosfera, aos movementos tectónicos, a glaciacións e períodos quentes, esta zona de Cataluña segue descubrindo, de cando en vez, tesouros agochados baixo o solo. Entre os municipios da Conca Dellà, Tremp ou Abella de la Conca, aparecen fósiles de ósos, pegadas e ovos destes xigantes, así como restos vexetais.

Publicidade

hadrosauro tiña dúas potentes patas traseiras e outras dúas dianteiras, máis pequenas. Algúns só usaban as extremidades de diante para axudarse a comer, pero noutros casos tamén se valían delas para desprazarse e apoiábanas no chan. A maioría das evidencias atopadas sinalan que estes dinosauros eran herbívoros, e comían sobre todo follas e sementes.

As dimensións do hadrosauro eran considerables, comparables ás dun autobús. De longo chegaban ata os 10 metros, e podían acadar os catro metros de altura. Pesaban, por norma xeral, sete toneladas. Moitas veces son coñecidos como dinosauros ‘bico de pato’, pola semellanza dos seus fuciños co de estas aves.

Estas pegadas teñen alomenos 65 millóns de anos, e poden verse en Galicia a apenas uns centímetros da cara. Dentro da exposición “A astronomía como cha contan dos Museos Científicos Coruñeses”, na Casa das Ciencias, é unha das pezas máis destacadas desta mostra, xunto a outras xoias como un fragmento da sonda rusa Luna-8 ou un panel do telescopio Hubble.

Os fósiles

Ás veces escoitamos que os fósiles son uns ósos moi, moi antigos, de animais prehistóricos. Pero isto non é totalmente certo. Pasou tanto tempo que é imposible que a descomposición da materia orgánica, como é o caso dos ósos, poida aguantar ata os nosos días. Pero a natureza ten camiños sorprendentes.

Ás veces, os restos dos seres vivos fican para sempre nun leito de rochas sedimentarias. Co paso dos anos e os cambios no solo, esta materia orgánica afúndese e queda cuberta polas capas superiores. Dependendo da composición destas rochas, a conservación será mellor ou peor.

Pero que acontece entón? Baixo o termo ‘fósil’ enmárcanse un amplo abano de seres (sobre todo partes duras, aínda que tamén as propias pegadas das extremidades), nos que as rochas foron ‘amoldándose’ ás partes orgánicas mediante diferentes procesos físicos e químicos. E iso é que chegou ata nós: casos como o do hadrosauro, que podemos ver moi de preto na Coruña; un molde feito de pedra do que hai máis de 65 millóns de anos lle serviu a un animal enorme para percorrer o mesmo planeta onde nós vivimos hoxe.

Para máis información podes ler este artigo sobre a formación dos fósiles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fósiles atribuídos ao ‘Tyrannosaurus Rex’ son unha especie distinta de dinosauro

Unha nova análise dos restos do que se pensaba que eran xuvenís destes famosos réptiles resultaron ter mandíbulas máis pequenas e pernas e brazos máis grandes

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia

Estes son os gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias 2023

O xurado do galardón, un dos máis recoñecidos na divulgación científica en España, deu a coñecer este martes o seu ditame