Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia con entradas gratuítas

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae permitirán o acceso sen custo ás súas instalacións dende o 9 ao 17 de novembro

A Semana da Ciencia 2024 nos Museos Científicos Coruñeses terá 9 días consecutivos de entrada gratuíta, nos que o público poderá gozar das exposicións interactivas dos tres centros, que abrirán todos os días de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina. Para facilitarlle o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan. En calquera caso, as entradas estarán limitadas por un control de espazo.

Publicidade

Programación da Casa das Ciencias

A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias e da Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade non estea completa. Para asistir a unha das sesións de planetario das fins de semana na Casa das Ciencias si hai que realizar unha reserva de entradas nesta ligazón, que poderá facerse a partir das 09.00 horas do día anterior á sesión.

Esta é programación do planetario da Casa das Ciencias para a fin de semana:

Publicidade

  •  11.30 Polaris (para máis de 7 anos e en castelán)
  •  13.00 Lévame á Lúa (para máis de 8 anos e en galego)
  •  17.00 Hazelnuts (de 4 a 7 anos e en galego)
  •  18.00 Directo (para máis de 10 anos tanto en castelán como en galego)

Ademais, de luns a venres haberá unha sesión de planetario en directo, dirixida a persoas maiores de 10 anos, para a que non hai que reservar entrada con antelación. Repartiranse invitacións para esta sesión a partir de media hora antes do seu comezo, por orde de chegada, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa.

A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXVII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se celebrará no salón de Plenos do Concello da Coruña o sábado 16 de novembro.

Concerto no Aquarium Finisterrae

E para clausurar a semana, o domingo 17 terá lugar no Aquarium Finisterrae, ás 17.00 horas, un concerto do grupo EntrElas. A esta actividade poderán asistir as persoas que reservasen entradas para o Aquarium Finisterrae para este día e nese horario.

EntrElas GrupoVocal constitúese como grupo a finais do 2011 na Coruña. Xorde coa intención de levar as voces femininas á música do noso tempo, abarcando gran variedade de xéneros. Os seus integrantes, dez na actualidade, elevan desde A Coruña as súas voces para ofrecer a súa particular versión de temas actuais e atemporais.

Trátase dun grupo formado exclusivamente por voces femininas, con distintas tesituras, que cantan a capela temas tan coñecidos como LelaQuen puidera namorala, El Manisero e Piel Canela. Tamén forman parte do seu repertorio cancións como Sentir, de Luz Casal, ou La puerta violeta, de Rozalén. Nesta ocasión interpretarán El maniseroEl cuarto de TulaDrume NegritaLa gloria eres túPiel CanelaZapata se quedaLa puerta violetaAgua de beberMares igual que tú e Java Jive.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo