O gabinete do Capitán Nemo máis espectacular, no Aquarium da Coruña

Un vídeo feito polos traballadores do Aquarium Finisterrae amosa a Sala Nautilus dende a perspetiva dos peixes que nadan ao seu redor

De todos os espazos do Aquarium Finisterrae, o máis espectacular é a Sala Nautilus, segundo os seus propios traballadores.

A sala foi deseñada para ofrecer unha “experiencia emocional única”. Atópase somerxida baixo unha piscina de ata cinco millóns de litros de auga e, grazas á súa decoración e ambientación, os visitantes viaxan no tempo e no espazo ata o gabinete do capitán Nemo, comandante do submarino Nautilus e un dos personaxes máis interesantes da icónica novela de Julio Verne 20.000 leguas de viaxe submarina.

Publicidade

Como prisioneiro do capitán Nemo, Pierre Aronnax viaxou a bordo do Nautilus descubrindo lugares exóticos e inimaxinables. A casualidade quixo que Vigo fora un deles, compartindo lista de destinos percorridos coa Antártida e as illas da Polinesia. A Illa de San Simón, o botín da batalla de Rande que o capitán atopou na ría… a mente do escritor francés contaxiouse das paisaxes e lendas galegas.

Portada da obra orixinal de Julio Verne. Wikipedia.

É seguro que Aronnax, como biólogo, houbese gozado moitísimo percorrendo a sala do Aquarium. O seu entusiasmo pola vida mariña sería, sen dúbida, benvido neste moderno Nautilus. De igual xeito que no submarino, ao redor das estancias só hai auga. Non auga escura, senón chea de vida e cores. Quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas ou meros rodean incansablemente os cristais que separan visitantes de habitantes dentro do acuario xerando unha sensación —cada vez máis profunda— de irrealidade, de somerxirse de a poucos nesa historia de monstruos mariños e aventuras.

Publicidade

Como será para eles vivir dentro deste relato atemporal? Os traballadores do acuario quixeron trasladar esta nova perspectiva gravando un vídeo dende dentro da piscina. Este é o resultado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades

De peixes mutantes a súper quenllas: os 14 obradoiros cos que o acuario da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal

Profesorado da Universidade da Coruña impartirá diversos talleres sobre saúde, bioloxía e os animais máis característicos do museo
00:00:35

Unha vintena de luras que cambian de cor, novas hóspedes do Aquarium Finisterrae

A especie 'Loligo vulgaris' distribúese por todo o Atlántico oriental, vive a unha profundidade de 500 metros e ten tres corazóns

Unha primeira edición de ‘20.000 leguas de viaxe submarina’ chega ao acuario da Coruña

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias cedeu o exemplar para a súa exhibición na sala Nautilus