O Aquarium Finisterrae celebra 25 anos de vida

Co gallo do seu aniversario, o museo organiza unha xornada de portas abertas o sábado 8 de xuño, unha exposición filatélica e un concerto

5 de xuño de 1999. O Aquarium Finisterrae abre as súas portas por primeira vez para concienciar sobre o coidado dos océanos. 25 anos despois daquela data sinalada en vermello no calendario, un dos Museos Científicos Coruñeses celebra o seu aniversario cunha ampla programación de actividades. Entre elas, unha xornada de portas abertas este sábado 8 de xuño, cando tamén se conmemora o Día dos Océanos. Malia que a entrada será gratuíta, é preciso facer unha reserva previa. Amais disto, o Aquarium pon en circulación un selo oficial cunha ilustración da Sala Nautilus, organiza unha exposición filatélica sobre temas mariños entre o 5 e o 25 de xuño e celebra un concerto este sábado a cargo da Banda Municipal da Coruña e do proxecto MIP.

Ademais das actividades programadas, o Aquarium difundiu un vídeo a través das súas redes sociais facendo un repaso dos seus principais reclamos. No seu obxectivo por dar cabida aos habitantes e paisaxes da costa atlántica, o museo expón como protagonistas ás focas Deneb e Altair, as primeiras que naceron no recinto no verán de 2003. De feito, coincidindo co seu 25 aniversario, o museo remodelou a área de curación da animais mariños co obxectivo de combinar nun mesmo espazo todas as necesidades ambientas da fauna do recinto. Outro dos protagonistas do vídeo é Gastón, a quenlla touro que chegou ao Aquarium en 2006.

Publicidade

Outras efemérides

O aniversario do museo comparte data con outras dúas efemérides salientables, que foron motivo de inspiración para a creación do centro e para o desenvolvemento dos seus contidos, centrados sobre todo na conservación e educación sobre o mundo mariño. O primeiro é a celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, que se celebra dende 1972. Este ano, ademais, está enfocado na restauración de terras, no detemento da desertificación e en fortalecer a resiliciencia á seca. Amais disto, o 5 de xuño tamén se conmemora a saída do científico Alexander von Humboldt do porto da Coruña nunha expedición para explorar América.


Podes facer a reserva previa de entradas ao Aquarium Finisterrae na seguinte ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nin o frigorífico do supermercado está a salvo de ciberataques

Entre as posibles causas están a pobre xestión dos accesos a sistemas ou do 'firmware'. Por Marta Beltrán

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Soutar, apañar ou rebuscar: as máis de 40 formas lingüísticas de recoller castañas en galego

O Atlas Lingüístico Galego recolle 47 palabras e expresións para nomear a tarefa, con variantes que reflicten a diversidade léxica do idioma

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas