Venres 26 Abril 2024

Un estudo analiza a relación entre disfunción eréctil e hipertensión en Galicia

Un traballo realizado por investigadores de Vilagarcía e A Coruña expón que 46,1% dos varóns estudados presentaba esta patoloxía

Co paso dos anos, a hipertensión arterial é un problema cada vez máis frecuente na poboación. Zonas como Galicia, cunha sociedade envellecida, o impacto é maior. E este problema cardiovascular trae asociadas outras patoloxías que afectan, desde varias perspectivas, á calidade de vida. Unha delas é a disfunción eréctil, que incapacita aos varóns para manter relacións sexuais satisfactorias, cos conseguintes prexuízos na súa vida. E non é un problema illado: algúns estudos apuntan a que a disfunción eréctil afecta a un 40% dos homes na súa sexta década de vida.

Así, a investigación científica e o traballo no eido clínico deben ir da man para atopar o que está acontecendo e poder abordar o problema. Neste senso, investigadores galegos acaban de publicar na revista Medicina Clínica o traballo Disfunción eréctil en pacientes con hipertensión arterial. Risco cardiovascular e impacto na súa calidade de vida, un estudo clínico co que afondan na frecuencia destas dúas patoloxías e as variables asociadas.

Publicidade

Resultados

Unha vez realizadas as análises, detectouse que o 46,1% dos varóns estudados presentaba disfunción eréctil. Dentro destes casos, o 54,9% era de grao severo. E concluíuse tamén que a patoloxía asociábase significativamente coa idade, a dislipemia (conxunto de alteracións metabólicas dos lípidos e proteínas, que poden inducir doenzas cardiovasculares), a hipertrofia benigna da próstata e o síndrome metabólico.

A inivestigación está asinada por Mónica Diosdado, do equipo de Atención Primaria de Vilagarcía de Arousa, Vanesa Balboa, Sonia Pértega, Teresa Seoane e Salvador Pita, do Inibic da Coruña, e por Venancio Chantada, urólogo do Chuac da Coruña. Os datos foron recollidos a través da observación de varóns con hipertensión arterial. Foron 262 homes hipertensos cunha media de 65,84 anos de idade.

Segundo explica a investigación, recolléronse variables sociodemográficas e de comorbilidade (idade, índice de Charlson – un sistema de avaliación da esperanza de vida aos 10 anos-, dislipemia e hipertrofia benigna de próstata), grado de control da hipertensión arterial e tratamento correspondente, risco cardiovascular e síndrome metabólico.

Estas variables puxéronse en relación coa disfunción eréctil, que foi diagnosticada mediante o índice internacional de función eréctil IIEF-15. No marco do estudo tamén se fixeron cuestionarios de calidade de vida en hipertensión arterial e da escala internacional de síntomas prostáticos.

Referencias: Diosdado-Figueiredo M, Balboa-Barreiro V, Pértega-Diaz S, Seoane-Pillado T, Pita-Fernández S, Chantada-Abal V. Disfunción eréctil en pacientes con hipertensión arterial. Riesgo cardiovascular e impacto en su calidad de vida. Med Clin (Barc). 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

Identificado o risco de miocardiopatía dilatada nos portadores xenéticos

O estudo liderado polo investigador Pablo García-Pavía analiza as posibilidades de herdanza da enfermidade en familiares

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite