Rexeneran as dedas amputadas de ratos grazas a dúas proteínas

Un traballo publicado en "Nature Communications" amosa sinais de rexeneración nas articulacións, o que abre unha esperanzadora vía

Un equipo de investigadores acaba de publicar en Nature Communications un estudo que podería revolucionar a medicina rexenerativa: identificaron dúas proteínas que estimulan parcialmente o crecemento nas dedas amputadas de ratos. Un avance que pode abrir o camiño a probar este tipo de actuacións en humanos.

“Anteriormente descubriramos que ao tratar a feridas das dedas amputadas coa proteína BMP2 en ratos neonatos estimulábase a osificación para rexenerar o toco; e agora amosamos que ao tratar este toco coa BMP9 estimúlase tamén a rexeneración da articulación sinovial neste mesmo lugar”, explican os científicos no artigo. Deste xeito, combinando ambas proteínas conseguíase rexenerar en parte as dedas.

Publicidade

Este avance supón un novo paso adiante ao amosar sinais de crecemento nas articulacións. Acádase así un nivel de complexidade que non se conseguira antes, e podería conseguir a recuperación na funcionalidade das extremidades.

Os resultados do estudo expoñen que ao usar a combinación das proteínas “máis do 60% dos ósos do toco formaron unha capa de cartílago aos tres días”. Doutro xeito, non aparecería este material, senón que só cicatrizaría a ferida. Mesmo en animais con capacidade para rexenerar as extremidades perdidas, é raro ver medrar de novo as articulacións e os ósos, explica o traballo.

“Estes estudos achegan evidencias de que o tratamento dos factores de crecemento poden usarse para deseñar unha resposta de rexeneración nunha amputación”, din os autores. Un dos investigadores, Ken Muneoka, da universidade de Texas, dixo a New Scientist: “O noso estudo é transformador; temos que seguir estudando que é o que impide aos mamíferos rexenerar partes do seu corpo”.

Alén dos resultados máis “espectaculares”, que teñen que ver con rexeneración de dedas ou dedos amputados, os científicos apuntan a que estas investigación poden axudar tamén no tratamento de doenzas dexenerativas, como a artrite ou a artrose, axudando a rexenerar e conservar os cartílagos.

Referencia:BMP9 stimulates joint regeneration at digit amputation wounds in mice (Nature Communications, 6 de febreiro de 2019).

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O verán europeo terá ata 42 días máis en 2100 se continúan as emisións

Un estudo internacional no que participa o investigador da UDC Armand Hernández alerta dunha estación cada vez máis longa e intensa

Alerta pola propagación dun xene que converte as bacterias en invencibles fronte aos antibióticos

Un equipo da Universidade Complutense de Madrid lidera un estudo que descobre como o descoñecido npmA2 se expande por hospitais e granxas

Podcast | Da reciclaxe de plásticos ás vacinas: a innovadora tecnoloxía creada en Santiago

O investigador Jose Martínez Costas do CiQUS explica no novo episodio do podcast de GCiencia en que consiste o seu método de etiquetaxe molecular de proteínas

Predicir o futuro dos virus a través do seu pasado: así o estudan bioinformáticos galegos

Científicos do CINBIO deseñan modelos co obxectivo de atopar posibles mutacións resistentes a terapias antes de que se produzan