Relacionan a inflamación das enxivas coa disfución eréctil

Investigadores da Universidade de Granada relacionan a periodontite, unha patoloxía das enxivas e das estruturas que rodean e soportan ao dente, coa impotencia sexual masculina. Os resultados amosan como os pacientes con esta enfermidade tiveron 2,28 veces máis probabilidade de sufrir disfunción eréctil que os pacientes periodontalmente sans.

Os homes con periodontite, unha enfermidade que consiste na inflamación das encías e das estruturas que rodean e soportan ao dente, teñen máis risco de sufrir disfunción eréctil. Así se desprende dun estudo realizado por investigadores da Universidade de Granada (UGR), que indica como un correcto cepillado de dentes e unha adecuada hixiene bucal poden axudar na prevención deste tipo de impotencia sexual masculina.

Publicidade

A disfunción eréctil defínese como a incapacidade no home para ter unha erección debido a causas orgánicas, psicolóxicas ou unha combinación de ambas. A periodontite é unha inflamación crónica da encía con destrución de óso alveolar e tecido conjuntivo que rodean e soportan o dente e leva á perda do mesmo.

Nesta enfermidade, as propias bacterias periodontais ou as citoquinas inflamatorias orixinadas no foco xinxival lesionan os endotelios vasculares. Cando esta disfunción endotelial se produce nos vasos do pene, altérase o fluxo sanguíneo neste órgano e acontece a impotencia.

Publicidade

Neste estudo de 80 casos e 78 controis, con pacientes tratados no Servizo de Urología do Hospital Clínico San Cecilio do Parque Tecnolóxico da Saúde (PTS) de Granada, recolléronse datos sociodemográficos, realizouse un exame periodontal e unha analítica para medir os niveis de testosterona, o perfil lipídico, a proteína C-reactiva, a glucemia e a hemoglobina glicosilada.

Os resultados, publicados no Journal of Clinical Periodontology, revelan que o 74% dos pacientes con disfunción eréctil presentaron periodontitis, de tal maneira que os pacientes con maior disfunción tiñan maior lesión periodontal.

Os pacientes con periodontite tiveron 2,28 veces máis probabilidade de sufrir disfunción eréctil que os pacientes periodontalmente sans, e as variables bioquímicas asociados foron os niveis de triglicéridos, proteína C reactiva e a hemoglobina glicosilada.

Aquí podes consultar o artigo científico no Journal of Clinical Periodontology

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este é o documental de 1927 que xa defendía a orixe galega de Colón

Un filme mudo expón con gravacións a cor das rías galegas e con textos impresos que o almirante procedía de Pontevedra

O equipo que verifica a teoría do Colón galego reserva o resultado para un documental

O director do proxecto, José Antonio Lorente, estima que se publicarán as conclusións a finais de setembro ou, como moi tarde, o 12 de outubro

Os defensores da orixe galega de Colón investigan a súa relación cos Soutomaior por vía materna

Está previsto que os resultados das análises xenéticas da Universidade de Granada, que só analizan a liña paterna, se fagan públicos en xullo

A periodontite aumenta o risco de desenvolver ictus e alzhéimer

Yago Leira, do IDIS, coordina un estudo que relaciona a infección das enxivas coa enfermidade cerebrovascular e a demencia