Xoves 5 Marzo 2026

A periodontite aumenta o risco de desenvolver ictus e alzhéimer

Yago Leira, do IDIS, coordina un estudo que relaciona a infección das enxivas coa enfermidade cerebrovascular e a demencia

A periodontite aumenta o risco de padecer ictus isquémico e demencia de tipo Alzhéimer. O grupo de traballo da Sociedade Española de Periodoncia (SEPA) e a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), coordinado por Yago Leira Feijóo, periodoncista e investigador do IDIS, presentou un informe científico que pon de manifesto que a inflamación crónica e persistente que provoca esta infección bucal é unha das causas destas graves doenzas. 

Os últimos avances científicos permitiron coñecer o vínculo existente entre a saúde oral e estas dúas enfermidades. “As persoas con periodontite poden ter case o dobre de risco de padecer alzhéimer e o triplo de sufrir un ictus isquémico”, sinala o doutor Yago Leira, coordinador do grupo SEPA-SEN. De todas as enfermidades neurolóxicas que se analizaron, a enfermidade cerebrovascular e a demencia son as dúas sobre as que existe unha maior evidencia científica na súa relación coa infección das enxivas.

Publicidade

A enfermidade periodontal trátase dunha grave infección das enxivas que dana o tecido brando ao redor dos dentes, o que pode chegar a destruír o óso. “É moi frecuente entre a poblacióna adulta, estímase que 8 de cada 10 españois teñen algún grao desta doenza”, explica o investigador. Por tanto, marcadores de risco como a periodontite “son de gran axuda para evitar, reducir ou minimizar o impactos deste tipo de desordes neurolóxicas”, en palabras de Leira, que carrexan graves consecuencias no organismo.

A inflamación persistente como posible hipótese

Segundo os estudos epidemiolóxicos, as sospeitas viran arredor da inflamación crónica no organismo que desencadearía graves secuelas, como alzhéimer e ictus. Esta inflamación persistente nas enxivas termina provocando consecuencias negativas a nivel neurolóxico, ademais de atacar a órganos diana que comprometen a saúde cardiovascular ou a diabetes.

Publicidade

No ictus, a periodontite desencadearía un estado protrombótico de hipercoagulabilidade e de disfunción do endotelio vascular que aumenta o risco de trombose cerebral, como resposta inmunoinflamatoria crónica. No caso do alzhéimer, a inflamación persistente a baixo grao e as bacterias que se producen durante a infección, contribúen ao proceso neurodexenerativo e disfunción cognitiva característicos desta patoloxía neurolóxica.

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboración entre a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III xa dende o 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1213 investigadores, 106 grupos de investigación, 43,5 M€ de fondos captados no último ano, ol IDIS contribúe co seu labor a incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo con selo galego clasifica de alto risco catro variantes de cancro hereditario de mama e ovario

A investigación na que colabora o IDIS é fundamental para mellorar os diagnósticos xenéticos e axudar os profesionais sanitarios a tomar decisións sobre a atención e o manexo dos pacientes

Un equipo de Santiago detecta alteracións en marcadores sanguíneos asociados á depresión maior

O trastorno adoita vincularse cun maior risco de deterioración cognitiva pero non se coñecen con precisión os mecanismos biolóxicos que pode haber detrás

Tres científicas da USC reciben 1,5 millóns da Xunta para investigar en cancro, nanotecnoloxía e baterías

Os proxectos liderados por Clara Álvarez, María José Alonso e María Giménez foron seleccionados na quinta convocatoria do Programa Ignicia

Un gran mapa xenético de Galicia localiza as mutacións máis frecuentes e asociadas a sete enfermidades

O catedrático da USC Antonio Salas esboza unha cartografía que pode servir como guía para a detección precoz, a prevención e a medicina personalizada