Ictus e dano cerebral: as doenzas que afectan a máis de 7.000 galegos

Constitúe a primeira causa de discapacidade adquirida no adulto e a segunda de demencia despois da enfermidade de Alzheimer

O 26 e o 29 de outubro celébranse os Días Internacionais do Dano Cerebral e do Ictus, dúas doenzas que están estreitamente relacionadas, xa que en oito de cada dez casos o dano cerebral é causado por un accidente cerebrovascular. Unha pandemia permanente que, segundo a Sociedade Española de Neurólogos, afecta a máis de 7.000 galegos anualmente.

O ictus é unha enfermidade cerebrovascular que ten un grande impacto sanitario e social debido a unha elevada incidencia e prevalencia, e a que constitúe a primeira causa de discapacidade adquirida no adulto e a segunda de demencia despois da enfermidade de Alzheimer. Supón unha gran carga, non só desde o punto de vista sanitario, senón tamén persoal e familiar, polo seu impacto na vida das persoas que o sofren e na dos seus coidadores.

Publicidade

Algúns factores demográficos como a idade, o sexo ou o lugar de residencia inflúen na prevalencia e na incidencia de ictus. No Estado español, os últimos datos actualizados din que a prevalencia estimada de ictus no ano 2006 foi do 6,4% en poboación de 70 anos ou máis, con diferenzas significativas en función do sexo (7,3% en homes e 5,6% en mulleres) e do territorio (8,7% en zonas urbanas e 3,8% en rurais). Ademais, tanto a incidencia como a prevalencia increméntase en idades avanzadas, particularmente entre as mulleres. Datos do estudo IBERICTUS demostran unha incidencia de ictus no noso medio de 187,4 casos por cada 100.000 habitantes. Prevese que dita incidencia increméntese un 35% entre 2015 e 2035 debido, en gran parte, ao aumento da esperanza de vida da poboación.

Actualmente, no Estado cada ano morren ao redor de 27.000 persoas por mor dun ictus. Prevese que o número de defuncións relacionadas co ictus increméntese un 39% entre 2015 e 2035, debido principalmente ao incremento da incidencia mencionado anteriormente e a que está ligado co progresivo envellecemento da poboación.

Publicidade

Doutra banda, os pacientes que sobreviven a un ictus adoitan sufrir secuelas físicas relacionadas coa mobilidade, a visión ou a fala, así como trastornos do ánimo, cognitivos e de personalidade. Isto impacta na súa funcionalidade e na calidade de vida. Estímase que dous de cada tres persoas que sobreviven a un ictus presentan algún tipo de secuela, en moitos casos discapacitantes, o que implica unha perda de produtividade no caso de pacientes en idade laboral, unha necesidade de rehabilitación e de coidados, e un maior consumo de recursos respecto ao resto da poboación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol