Xoves 28 Marzo 2024

A aceleradora do sector da alimentación busca novas iniciativas emprendedoras

Organízase unha xornada informativa o vindeiro 4 de novembro en Santiago de Compostela

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia, vén de lanzar a convocatoria de presentación de proxectos para formar parte sa dúa V Edición, que permanecerá aberta ata o 20 de decembro. Para realizar unha retrospectiva de edicións anteriores e afondar nos programas e recursos que ofrece e aceleradora nesta nova fase, organízase unha xornada informativa que se celebrará o vindeiro 4 de novembro de 10 a 12 horas en Santiago de Compostela. Para participar, é obrigatorio inscribirse previamente.

BFFood, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), convoca esta xornada xunto á Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), entidade colaboradora e membro do comité técnico da aceleradora. Así é que o día 4 de novembro se reunirán autoridades, grandes empresas e startups representantes da aceleradora para abordar os retos do sector alimentario. O evento celebrarase no Auditorio Edificio Feuga.

Publicidade

O programa

No que respecta ao programa da xornada, comezarase cun acto de benvida por parte dos organizadores. Logo celebrarase un relatorio sobre ecosistemas de emprendemento e innovación en España a cargo de Emilio Corchado, CEO e fundador da startup Olé e director de CYL-HUB. A continuación, representantes de SENSESBIT by Taste Lab, Healthinfoods e Muutech integrarán a mesa redonda Casos de éxito de participación en BFFood, que contará con Chini Porro de Nueva Pescanova como moderadora, sendo esta unha das 22 empresas tractoras da aceleradora.

Despois destas intervencións celebrarase a V edición de BFFood por parte de Xosé Ramón Vázquez, responsable da aceleradora en Clusaga; Noelia Vilar, directora de innovación e Transferencia Tecnolóxica de Feuga, Higinio Mougán, director xerente de AGACA; e María Ángeles Romero, catedrática da Área de Tecnoloxía dos Alimentos da USC. Unha vez abordados todos os detalles desta nova convocatoria e tras o peche institucional a cargo de IGAPE e Clusaga, darase paso ao coffe networking.

V Edición de BBFood

A V Edición de BBFood busca proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos do sector alimentario galego. Os proxectos seleccionados optarán a programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiamento directo e acceso a investimento, así como unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario.

Na V Edición seleccionaranse ata 10 iniciativas para o programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración. O programa de aceleración está enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo ou teñan desenvolvido un produto ou servizo mínimo viable e esbozado un modelo de negogio. O de consolidación, a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas.


Podes inscribirte na xornada premendo no seguinte formulario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego impulsa a sustentabilidade do sistema alimentario a través da IA

O proxecto no que participan USC e UVigo acometerá a crise do sector co apoio do Programa Marco ‘Horizonte Europa’

Cal é o alimento que desencadea o pracer nos peixes?

Coñecer os mecanismos de motivación pola comida podería mellorar a eficiencia económica das empresas dedicadas á acuicultura

Os grelos poden previr o cancro? Estudan a dieta atlántica como vía terapéutica

Unha revisión analiza as propiedades farmacolóxicas dos alimentos consumidos no sur de Europa que poderían ter propiedades antitumorais